
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de favorecer calquera iniciativa que conleve o mantemento da planta que a empresa Leche Pascual posúe na localidade luguesa de Outeiro de Rei e a continuidade dos postos de traballo. Asà o manifestou hoxe, logo de manter unha reunión cos representantes do Comité de Empresa da factorÃa.
O conselleiro relatou que durante a xuntanza mantiveron un intercambio de opinións sobre a situación que atravesa a planta. Nela, o titular de Medio Rural expuxo polo miúdo o interese que ten para a Xunta de Galicia que non se paralice a produción nesta fábrica leiteira luguesa e, nese sentido, amosou a disposición do departamento que dirixe por favorecer calquera iniciativa empresarial para sacar adiante un plan industrial diferente co obxectivo de manter a actividade en Outeiro de Rei, ou calquera proposta de tipo cooperativo que puidera facerse cargo da planta e producir desde este municipio.
O conselleiro explicou que para concretar este respaldo necesÃtase dun proxecto concreto que defina cales son os apios necesarios e de que maneira de poden artellar. “O que si lles asegurei é que politicamente a Xunta está comprometida en favorecer dentro das súas posibilidades a continuidade da actividade”, remarcou Juárez.
Na súa intervención ante os medios, reiterou a disposición da Xunta a ter “todo o celo necesario” para que os dereitos dos traballadores se respecten dentro de todo este proceso. “É evidente que os traballadores non poden ser as vÃtimas desta situación -dixo o titular de Medio Rural-, e o interese da Xunta por este asunto non só reside no prexuÃzo que poida ocasionar esta situación aos empregados da factorÃa senón para todo o sector gandeiro que está en torno á actividade da empresa e que está sufrindo moito a redución da actividade desta planta”.
Clima de entendemento
Respecto ás manifestación convocada hoxe polo Sindicato Labrego Galego para protestar porque dúas granxas da Mariña non rexistran recollida de leite, Samuel Juárez expresou o seu desexo de poder ter “unha pronta solución” para o problema que atravesan estas dúas explotacións. Asà mesmo, lamentou que esta situación dea pé a que se organicen este tipo de accións reivindicativas posto que non benefician “para nada“ que se resolva o conflito do sector leiteiro en Galicia xa que “non favorecen un clima de entendemento nin a busca de solucións entre todos”, concluÃu.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.