Notas de prensa

A Unesco declara o Parque do Xurés-Gerés reserva mundial da biosfera

O presidente galego Núñez Feijóo considera que a decisión da Unesco de declarar o Parque do Xurés-Gerés reserva mundial da biosfera supón un recoñecemento do alto valor do patrimonio natural do parque.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou a súa satisfacción pola decisión da Unesco de declarar o parque galego- portugués do Xurés- Gerês Reserva Mundial da Biosfera. O máximo mandatario galego cre que esta decisión, feita pública esta mañá polos responsables do Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco, supón un recoñecemento á riqueza e diversidade da fauna e flora deste parque natural transfronteirizo.

Nesta liña, o presidente galego considera que esta declaración supón a constatación do alto valor do patrimonio natural do parque e da necesidade de conservar e estudar este territorio excepcional, así como da importancia do traballo conxunto entre administracións.

Case 63.000 hectáreas en Galicia

A Reserva da Biosfera Transfonteiriza Xurés- Gerês foi aprobada hoxe ás 10,30 horas en Jeju (Corea do Sur) polo Consello Internacional de Coordinación do Programa da Unesco sobre o Home e a Biosfera, e xa forma parte da Rede mundial de reservas da biosfera. A superficie total da reserva é de 267.985 hectáreas, das que 62.916 (o 23%) están en Galicia e 205.042 (o 77%) ocupan superficie portuguesa.

O concepto de Reserva da Biosfera foi desenvolvido inicialmente no ano 1974. Son territorios cuxo obxectivo é conciliar a conservación da natureza co desenvolvemento económico, e se establecen sobre zonas ecoloxicamente representativas e de valor único, en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nos cales a integración da poboación humana e das súas actividades son esenciais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES