Dentro do marco da iniciativa de Núcleos de Sostibilidade promovida pola Xunta de Galicia, o Núcleo de Sostibilidade de Muros e a empresa Idom queren contribuÃr no proceso de creación de concellos que sexan exemplo de crecemento económico e social, á vez que un modelo de respecto e protección do medio ambiente. Unha das principais actividades para conseguir estes obxectivos é a potenciación da participación cidadá.
Para elo, o mércores dÃa 20 ás 20:00 horas na Aula de San Xosé (Escola de Danza) vaise constituÃr o Comité de Xestión do Núcleo. Este é o órgano consultivo da Axenda 21 Local, está formado por representantes da administración local, dos distintos sectores económicos e de asociacións, entre outras organizacións. A súa función será propor, valorar e priorizar proxectos de mellora a levar a cabo no Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra durante os vindeiros anos co fin de potenciar o desenvolvemento sostible dos municipios. O obxecto é impulsar a economÃa da zona é á vez cubrir as necesidades sociais da poboación e protexer o entorno.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.