Na actualidade, os medios de comunicación xogan un papel fundamental na articulación do coñecemento colectivo, converténdose nun elemento básico na interpretación que a cidadanÃa fai dos problemas ambientais.
Por este motivo, a finais de 2007 a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) realizou un estudio sobre a situación da Educación Ambiental nos medios de comunicación presentes en Galicia, no marco dun convenio de colaboración coa ConsellerÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.
Non cabe dúbida de que a información de carácter ambiental ten cada vez unha maior relevancia e tamén unha maior demanda por parte da cidadanÃa, porén, os medios de comunicación galegos semellan non estar aÃnda preparados para esta situación. Datos como que só o 9% dos medios de comunicación conten cun departamento dedicado exclusivamente ao medio ambiente, ou que só un 3% conten con persoal especializado, supoñen un importante lastre na transmisión da información ambiental.
A vista destes datos, e no marco do proceso de dinamización da Educación Ambiental que está a promover a SGEA, consideramos preciso poñer en común estes resultados co conxunto de medios de comunicación galegos para poder asà afondar nos puntos febles e puntos fortes identificados e avanzar na definición de liñas de acción que axuden a unha mellora da información ambiental.
Con estes obxectivos desenvolveuse en Santiago de Compostela, no Club Internacional de Prensa, un seminario de traballo que contou coa participación dos medios de comunicación que desenvolven a súa actividade en Galicia.
O seminario, ademais de servir como punto de encontro entre os profesionais do sector, puxo de manifesto os problemas que teñen os/as xornalistas á hora de desenvolver a súa labor, condicionados pola urxencia do traballo e a dificultade para atopar información obxectiva e contrastábel. Asà mesmo, incidiuse na necesidade de artellar espazos para a formacións dos profesionais en cuestións ambientais.
Nos próximos dÃas a SGEA desenvolverá seminarios de traballo semellantes con técnicos municipais –o 24 de marzo– e con empresas de Educación Ambiental –o 17 de abril–, co obxectivo último de dispoñer dun plan de Acción completo e participado para a Educación Ambiental na nosa comunidade.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.