O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, presentou públicamente o Plan Innova que desenvolverá a Deputación, con financiamento do Fondo Social Europeo e que superará os 3 millóns de euros. O obxectivo deste plan é dar formación especÃfica para conseguir a inserción laboral de 500 persoas da nosa provincia. Iste programa terá 4 eixes de actuación: actividades vencelladas á atención a persoas con dependencia, formación en materia de enerxÃas renovables, o sector do transporte -con especial dedicación á muller- e o termalismo.
O ámbito de actuación do programa será o de toda a provincia, que se dividÃu en catro zonas xeográficas para que resulte máis operativo. As persoas que participen neste programa recibirán unha prestación económica, que será a máxima permitida polo Fondo Social Europeo. A xestión corresponderá ó servizo de Fomento do Emprego, Igualdade e Asuntos Sociais da Deputación, que dirixe José Juan Cerdeira. No desenvolvemento deste proxecto participarán numerosas empresas, sendo o Parador de Santo Estevo o primeiro.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.