
Máis de 240 estudantes de Bacharelato de toda Galicia participan entre os días 29 de xaneiro e 1 de febreiro na Segunda Liga Galega de Debate, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.
As dúas principais novidades desta liga respecto da edición anterior é o número de equipos participantes, que será o doble que o ano pasado, e mais os temas a debater, que nesta Segunda Liga serán dous (cando o ano pasado foi só un). En total están inscritos 48 equipos, cada un deles composto por catro debatentes e un capitán. Na fase preliminar do torneo os participantes deberán debater sobre Axuda ao desenvolvemento: ¿o peixe ou a cana?; na fase final da liga o tema obxecto de debate pasará a ser o seguinte: "¿Están as Administracións Públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?"
O equipo gañador obterá unha viaxe cultural de fin de semana ao País Vasco para 40 alumnos e alumnas do seu centro, así como un ordenador portátil para cada integrante do equipo. O outro equipo finalista obterá unha videoconsola para cada integrante do equipo. Haberá ademais agasallos para o mellor orador, unha cámara fotográfica dixital de 8 megapíxeles, e para o segundo mellor orador, un reprodutor Blue-ray.
A II Liga Galega de Debate, que se desenvolverá nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar, ten por obxecto fomentar entre os estudantes galegos os debates de competición, ou o que é o mesmo, enfrontamentos dialécticos nos que dous equipos interveñen defendendo a postura a favor ou en contra dun determinado tema.
Coa posta en marcha destas ligas de debate preténdese facer tomar consciencia aos estudantes da importancia de saber falar en público, ao tempo que quere fomentar o uso do galego entre a xuventude nunha actividade onde se esixe un correcto dominio da expresión oral e do vocabulario. Tamén persegue fomentar entre os mozos e mozas o respecto e a tolerancia como instrumentos de comprensión de ideas discrepantes e facilitar entre eles o desenvolvemento de habilidades como o traballo en equipo, a coordinación e a repartición de roles e tarefas.
Fotografía: arquivo GD.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.