
O sábado, 13 de decembro, inaugurouse o Belén de Begonte na súa XXXVII edición.
Os actos comezaron ás seis da tarde, na igrexa parroquial co Pregón do Nadal que foi pronunciado polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco que estivo acompañado polo Bispo de Mondoñedo.
Cantaron a misa e deron un breve recital de panxoliñas o coro titular da Catedral de Lugo, o Orfeón Lucense, dirixido por Armando Cotarelo.
De seguido, foi inaugurado o Belén Electrónico.

Ós actos asistiron o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero Calvo; o presidente de honra do Belén, o segoviano José LuÃs Hernangómez Sastre, e dez alcaldes da comarca: Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei, Xermade, Muras, Cospeito, Pastoriza, Vilalba, AbadÃn e Begonte (que invitou persoalmente ós rexedores chairegos a esta celebración).
FotografÃas: Carlos RodrÃguez Arias
O Instituto Galego de EstatÃstica (IGE) confirma a alta inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario Galego, tal e como se reflicte nun estudo onde se analiza a situación dos egresados no curso 2021-2022 no seu primeiro ano tras obter a titulación e a súa evolución nos tres anos inmediatamente posteriores, tendo en conta, principalmente, as afiliacións á Seguridade Social. A radiografÃa do IGE súmase ao mapa de inserción laboral que elabora periodicamente a Axencia para a Calidade do SUG (ACSUG), aÃnda que neste caso examÃnase a situación dos titulados seis anos despois de titular e faise a través de entrevistas persoais.
Galicia pecha o 2025 sendo, por terceiro ano consecutivo, a comunidade coa ratio de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil máis alta do conxunto do paÃs, segundo os datos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Isto tradúcese en que o 64,3% dos nenos e nenas de entre 0 e 3 anos galegos acoden a unha escola infantil, unha cifra que se sitúa 15 puntos por enriba da media nacional (que é do 49,2%). Neste sentido, a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa, lembra que estes datos tan positivos son un exemplo do bo funcionamento das polÃticas de conciliación impulsadas pola Xunta.