
O espectáculo conta coa colaboración do Auditorio de Galicia, a ConcellarÃa de Cultura, Xacobeo e Fundación Caixa Galicia. A entrada, a un prezo de 10 euros, xa está á venda a través do servizo de ticketing de Caixa Galicia (902 43 44 43; www.caixagalicia.es).
Nenos e maiores poderán gozar o 20 de decembro das aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a panteira Bagheera. A versión de O LIBRO DA SELVA que chega a Santiago de Compostela é unha obra de teatro musical para todos os públicos, cunha atractiva posta en escea e onde os asistentes poderán viaxar a un mundo de fantasÃa e diversión, con bailes e cancións en directo que dan cor a unha historia coñecida por todos.
Este espectáculo infantil está cargado de música, enerxÃa, risas e participación do público para que os máis pequenos aprendan mentres se divirten cos seus personaxes favoritos. O LIBRO DA SELVA é unha obra de animais que reflicte comportamentos humanos: a amizade, a xenerosidade, o rancor, a aceptación das diferenzas de razas...
O LIBRO DA SELVA representarase o sábado 20 de decembro no Auditorio de Galicia en dúas sesións: ás 17h e ás 19h. As localidades para asistir ao espectáculo xa están á venda en Caixa Galicia (902 43 44 43; www.caixagalicia.es) a un prezo de 10 euros, e tamén se poderán adquirir o mesmo dÃa do evento no despacho de localidades do Auditorio de Galicia.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.