Notas de prensa

Presentado o primeiro tradutor automático de inglés-galego-inglés: Opentrad

A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Este proxecto foi desenvolvido por imaxin|software e financiado pola Consellería de Innovación e Industria, coa colaboración do Grupo TALG da Universidade de Vigo, liderado por Xavier Guinovart, e de Paulo Gamallo, investigador do Grupo Gramática do Español da Universidade de Santiago de Compostela

Presentouse o primeiro prototipo de tradutor automático de asimilación inglés-galego-inglés resultado dos últimos meses de investigación e punto de partida dos novos proxecto de I+D do consorcio Opentrad. Ao mesmo tempo anúnciase a liberación do paquete á comunidade de desenvolvedores para o seu uso e mellora.

A nova versión do sistema de tradución automática Opentrad para inglés-galego-inglés presentouse no Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, coa participación de:
• Diego Vázquez, director de marketing de imaxin|software
• José Ramom Pichel, director da área de tecnoloxía lingüística e responsable do proxecto.

Dentro da estratexia do consorcio Opentrad de aposta polo software libre e aproveitamento dos recursos xa existentes, estes pares están desenvolvidos a partir de dicionarios do grupo Transducens da Universitat d’Alacant dirixidos por Mikel Forcada. Mikel Forcada é un dos principais expertos en tradución automática de Europa, membro activo do consorcio e responsable do motor de tradución do sistema.

Opentrad xa conta con máis de 26 pares de idiomas (http://wiki.apertium.org/wiki/List_of_language_pairs) desenvolvidos polo propio consorcio ou por algún dos seus membros, así como pola propia comunidade.
Entre os pares desenvolvidos polos membros do consorcio están:
español-galego (único sistema que permite a tradución en ambas as direccións)
español-catalán
español-euskera (único sistema de tradución)
español-francés
español-inglés
inglés-catalán, etc.
Nas páxinas web http://opentrad.imaxin.com e www.opentrad.com pódese comprobar o seu funcionamento traducindo textos, documentos (HTML, RTF e TXT) ou páxinas web.

O consorcio Opentrad nace no ano 2004 e nel participan imaxin|software, Eleka Ingeniaritza Linguistikoa, Elhuyar Fundazioa, Prompsit, a Universidade do País Vasco, a Universitat d’Alacant e a Universitat Politécnica de Catalunya.

Opentrad é un proxecto de tradución automática en código aberto, o que permite á comunidade utilizar e desenvolver as súas propias aplicacións. Os programas e datos distribúense a través de SourceForge.

NA REDE. Poderá dispor de máis información en http://opentrad.imaxin.com.

Imaxin Software, 2008-11-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES