
O 90ª aniversario da Asamblea Nacionalista centra as xornadas que levan por tÃtulo, A Galiza das Irmandades: unha perspectiva actual. Nestas xornadas que se levan a cabo desde o mes de novembro até o de xaneiro do 2009 poñerase de manifesto a vixencia do ideario nacionalista asinado no ano 1918. Con este acto organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) quere darse a coñecer unha etapa histórica de Galiza e un fito histórico que supuxo o nacemento do nacionalismo moderno e da historia do noso paÃs. Francisco RodrÃguez foi o encargado de abrir este ciclo cunha charla sobre a vixencia do manifesto de 1918. Manifesto que sigue vixente na actualidade pois moitas das reivindicacións que se ven reflectidas nel fican insatisfeitas e seguen a constituÃr as arelas e as reivindicacións do nacionalismo galego actual.
O manifesto nacionalista asinado en Lugo no 1918 é de grande importancia, porque rexistra o maior punto de inflexión da historia do galeguismo polÃtico. Publicado no seu dÃa como Manifesto ao Pobo Galego e distribuÃdo en forma de folla solta , recolle, os acordos da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Tales acordos asinados fai 90 anos, no Hotel Méndez Núñez, da cidade de Lugo representan o cerne e o xermolo do Nacionalismo Galego, movemento polÃtico que se atopa
OITO CONFERENCIAS E UNHA VISITA GUIADA
O mércores 19 de novembro, representantes dos tres partidos polÃticos con representación no Parlamento de Galiza falarán nunha mesa redonda sobre a organización territorial, con especial incidencia nas propostas que formularon os precursores desa primeira asemblea.
Baixo o tÃtulo Do local ao nacional, Xoán Garrido falará o 2 decembro de todos os movementos sociais que se produciron na primeira década do século XX en Galicia, mentres que Encarna Otero centrará a súa intervención, ao dÃa seguinte, na soberanÃa estética, para comentar os movementos artÃsticos dese perÃodo da historia.
Pola súa banda, Margarita Ledo recordará os vellos anhelos dos primeiros nacionalistas para crear medios de comunicación de capital galego, na súa charla Prensa en construción, que impartirá o 4 de decembro.
O 8 de xaneiro, Pilar GarcÃa Negro falará sobre os dereitos civÃs que pedÃan os membros da asemblea de Lugo e a vixencia do seu discurso na actualidade, mentres que o 15 dese mesmo mes, Xosé DÃaz disertará sobre o réxime económico que propuñan para Galicia. O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, pechará ao dÃa seguinte as intervencións cunha conferencia sobre a lingua, o ensino e a cultura.
A parte das conferencias, o escritor Lois Diéguez guiará unha ruta a pé pola cidade, o 31 xaneiro. Ademais, desde o dÃa 30 dese mes, estará aberta no Pazo de San Marcos, sede da Deputación, unha exposición monográfica que recollerá textos e imaxes da primeira asemblea nacionalista.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.