O Concello de Teo contrata un plan de modernización administrativa, Teo Moderniza, que ofertará trinta procedementos administrativos. O concello sacou a concurso a implantación da administración electrónica. A mesa de contratación acordou adxudicar os traballos á empresa Informática El Corte Inglés.
A administración electrónica só pretende que os veciños/as de Teo asà como os profesionales da administración aproveiten as vantaxes das novas tecnoloxÃas. Concretamente os cidadáns poderán realizar moitos trámites dun xeito sinxelo a través dunha páxina web. A nivel interno tamén haberá unha intranet que mellorará a operatividade municipal.
Para facer realidade esto o concello disporá dunha plataforma electrónica na que se aloxarán todos os procedementos administrativos. A empresa que gañou o concurso ofertou a plataforma eSIGEM que xa está sendo utilizada pola Deputación provincial e por outros concellos e que pode permitir unha converxencia futura con outras administracións. Cabe destacar que a plataforma de tramitación electrónica será en software libre e código aberto.
O primeiro paso para a implantación será a definición dos procedementos precisos para o Concello de Teo, que o persoal da empresa coordinará co persoal municipal. O contrato Teo Moderniza contempla tamén o mantemento do soporte posterior á súa instalación asà como formación aos recursos humanos municipais, aos administrados e aos dinamizadores da sociedade da información.
O contrato Teo Moderniza está dotado con 224.000 euros subvencionados por entidades supramunicipais. O financiamento destes traballos corresponden ás convocatorias de Cidades Dixitais do Plan Avanza da ConsellerÃa de Innovación e Industria, e do dModel do Ministerio de Administracións Públicas.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.