Notas de prensa

O Museo de Lugo acolle unha exposición de García Gesto

Ata o 2 de novembro permanece aberta a mostra Out Side, no marco dos actos conmemorativos do 75 aniversario do Museo lucense.

Inaugurouse unha exposición de pintura do artista Joaquín García Gesto no museo provincial de Lugo. Esta exposición permanecerá aberta ata o 2 de novembro nas salas 25, 26 e 27 do museo de Lugo. Esta exposición enmarcase dentro dos actos de celebración do 75 aniversario do museo de Lugo. A mostra, que a partir de hoxe acollerá o museo provincial, titúlase OUT-SIDE e reúne obra que abrangue desde os anos 70 até a actual produción do artista. Nesta colección recoñécese de xeito inequívoco a pegada do autor. Joaquín Garcia Gesto é un artista galego, porque aínda que universal ten as súas raíces e o seu pensamento en Galiza.

Joaquín García Gesto Leva máis de 30 anos traballando no panorama artístico lucense, asentando os seus piares nunha sólida formación que labrou na Escola de Belas Artes de Madrid. Formou parte do grupo Atlántica desde que voltou a Galiza, a súa obra como el mesmo define “é un estudo do plano e das súas posibilidades matéricas”. A estas alturas de vida e obra, Joaquín Garcia- Gesto preséntase como un dos escasos pintores galegos en posesión dunha estética propia, é dicir, identificadora e distinta. Cando vemos un cadro de Garcia Gesto recoñecémolo pois a súa pegada é definitoria nos seus cadros. As pinturas de García Gesto falan dúas linguaxes simultáneas que dun xeito se poden definir como contraditorias: a abstracción e a figuración. Propoñen unha dialéctica que non se enfronta entre ambas opcións senón que existe unha conciliación entre elas o que provoca no espectador unha sensación de desconcerto pois o espectador está acostumado á clasificación automática das obras. Garcia Gesto recrea un universo de tempos conxelados, de impactos emotivos e entende a pintura como un mundo libre derivado da liberdade que proporciona o coñecemento profundo do feito mesmo de pintar, polo que nos atopamos perante unha obra inequivocamente contemporánea.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2008-10-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES