
O mundo de Angelita. Unha vida de loita con nome de muller é o resultado de vinte horas de entrevistas que se realizaron co obxectivo de coñecer a vida de Ãngeles Fernández Dopico, 'Angelita', mugardesa que traballou na Fábrica de Lápices de Ferrol e tamén en Bazán. Casada co militante comunista Paco Filgueiras, Angelita loitou polos dereitos da clase traballadora e sufriu na súa pel a represión, chegando ao exilio logo dos sucesos do 10 de Marzo de 1972.
A biografÃa preparárona as profesoras Josefina Leal e Beatriz Varela e constitúe a cuarta achega da colección Testemuños da F10M. Na publicación colabora a Deputación da Coruña.
Continuación dunha homenaxe
O outro libro é unha continuación escrita da homenaxe que recibiu o 14 de abril de 2007 o polÃtico e ex deputado Anxo Guerreiro Carreiras. Resultado daquel acto foi a edición dun DVD que recolleu as imaxes e intervencións das persoas que tomaron a palabra aquel dÃa no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Para facer realidade o compromiso que adquiriu naquel acto, a F10M, en colaboración coa ConsellarÃa da Presidencia, acaba de publicar un libro sobre a figura de Anxo Guerreiro. Ademais dun importante apartado gráfico con documentos e fotografias —moitas delas cedidas por Xosé Abad—, a obra inclúe unha biografÃa do homenaxeado, unha escolma das súas intervencións parlamentarias e cincuenta dos artigos que
publicou na prensa.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.