O venres 5 de setembro inaugurase a exposición Irmáns Suárez Pícallo, na Casa das Palabras de Guititriz, no entorno dos XVI Encontros na Terra Chá, dedicados ás Mocedades Galeguistas de Bos Aires.
A inauguración van asistir o Alcalde de Sada, Abel López Soto, e membros da Asociación: Memoria Histórica, e da Comisión Irmáns Suárez Pícallo que organiza o Ano cultural dedicado a estes dous irmáns, líderes de Galiza na II República, e xornalistas en distintos medios. Pois o 14 de outubro, van chegar os seus restos mortais dende Bos Aires, para ser soterrados en Sada.
Esta exposición vai estar aberta na Casa das palabras dentro dos actos dedicados ás Mocedades Galeguistas, que van rematar a principios de novembro co nomeamento de Chairegos de Honra de Neira Vilas e Anisia Miranda, tamén fundadores das Mocedades Galeguistas, no Muíño do Rañego de Vilalba.
Ramón Suárez Pícallo foi un dos fundadores do Partido Galeguista con Castelao, no 1931. Exiliouse a América. Participou na creación do Consello de Galiza e no I Congreso da Emigración Galega. Converteuse nun dos líderes das e dos galegos naquelas décadas.
O seu irmán Xohán Antón foi detido e asasinado no 36. Pertencera ao Partido Galeguista e á Misión Biolóxica de Galicia.
Ademais do Alcalde de Sada, que presentará a exposición, asistirán á táboa redonda, varios membros das primeiras Mocedades Galeguistas, coma Antón santamarina, o seu primeiro presidente, e directivos coma Antón Moreda ou Pilar Xeremías, os tres ligados á Terra Chá.
Tamén intervirá Xosé Martínez Romero, que foi profesor universitario en Bos Aires, e membro do Consello de Galiza. Foi Presidente da federación de Sociedades Gallegas, que fundara Ramón Suárez Pícallo.
Outro dos intervintes é Xavier Alacalá cunha ampla producción literaria dedicada a Arxentina, e mesmo editor dalgún traballo de Antón Santamarina.
Outra das intervencións vai ser de Avelino Pousa Antelo, membro do Partido Galeguista e da Misión Biolóxica. Moi coñecedor da vida e da obra de Suárez Pícallo, aquí en Galiza
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.