
A cidade de Ferrol acollerá os vindeiros días 13 e 14 de setembro o Campionato de España de Triatlón con perspectivas de ser a proba estrela do ano, segundo asegurou o presidente da Federación Española de Triatlón, José Hidalgo, na presentación do evento que tivo lugar hoxe no Salón de Recepcións do Concello e na cal participaron tamén o alcalde ferrolán, Vicente Irisarri; o concelleiro de Deportes, Manuel Santiago; o deputado provincial e concelleiro de Facenda, Ramón Veloso; e o virtual campión do mundo de triatlón de 2008, Javier Gómez Noya.
Vicente Irisarri manifestou a súa ledicia polo feito de que un evento de tales características se celebre en Ferrol e expresou o seu desexo de que isto sirva ademais como medio para a proxección desta localidade a través das actividades e do deporte. Pola súa parte, o edil Manuel Santiago lembrou que a cidade é tamén, nestes días, centro mundial do body e do surf cos campionatos que se están disputando nas praias de Doniños e Pantín, e que a próxima semana se convertirá na cidade da versatilidade deportiva, dado o carácter multidisciplinar do triatlón. Así mesmo, o concelleiro sinalou que Ferrol ofrece unhas magníficas condicións para a desputa das probas, ao contar coa ensenada de Caranza, onde se nadarán os 1.500 metros; un espléndido entorno rural con contraste entre montes e montañas, por onde transcorrerán os 40 kilómetros da proba de bicicleta; e un barrio histórico como é o da Magdalena, no cal se farán os 10 kilómetros da carreira a pé.
O diputado provincial e concelleiro de Facenda do Concello ferrolán, Ramón Veloso, dixo sentirse moi orgulloso de que esta proba poida celebrarse en Ferrol e falou dela como un exemplo para a xuventude, algo moi importante de cara a que esta creza cunha boa formación e tamén sá.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.