Notas de prensa

Mostra colectiva de artistas lucenses no Museo de Lugo

"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.


O responsable da Ãrea de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou unha exposición colectiva de 5 artistas lucenses que estará aberta ata o vindeiro 31 de agosto no Museo de Lugo. Esta mostra que leva por título A Pel dos Sentidos reúne obras de Antía Moure, Laura Pernás, Mar Vicente, Ernesto González Torterolo e Nachok.
Antonio Veiga destacou a importancia de que un artista xa consolidado, como é Caxigueiro, fose o encargado de comisariar esta mostra de novos valores emerxentes da arte lucense “dende a Ãrea de Cultura temos o ánimo de potenciar aos novos artistas pero é moi importante contar coa colaboración de artistas consagrados que avalen, coa súa experiencia, a calidade dos traballos que se van a expoñer”. Veiga lembrou aos asistentes o empeño do goberno da Deputación, e concretamente da área de cultura, por facer do museo de Lugo un espazo vivo e aberto, no que os artistas lucenses atopen un escenario propicio para achegar á cidadanía as súas creacións sen trabas nin cortapisas.

O autores das obras que conforman a exposición A Pel dos Sentidos son: Ignacio Castro (1974), Antía Moure (1981), Laura Pernás (1979), Ernesto González (1974), Mar Vicente (1979). Ademais de participar nesta exposición tres destes artistas, Ignacio, Ernesto e Laura, teñen obras expostas na exposición coñecida como proxecto Abertal que recolle a obra de 99 artistas lugueses e que estará aberta no Museo de Lugo durante a celebración do 75 aniversario.

R., 2008-08-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES