O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, inaugurou as instalacións do albergue de peregrinos de Sobrado dos Monxes, unha actuación financiada polo departamento autonómico a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, cunha achega total de case 600.000 euros, nunha intervención sobre 615 m2 e coa que se acadan as 56 prazas de aloxamento.
Esta actuación permitiu rehabilitar a planta baixa e o primeiro andar da histórica hospedarÃa do Mosteiro de Santa MarÃa, coa dotación dos dormitorios, as habitacións e espazos comúns. A intervención fÃxose logo de restaurar os diferentes materiais da construción e renovar o saneamento, a fontanarÃa e as instalacións eléctricas. Ademais, incorporáronse sistemas de detección de lumes e de calefacción, asà como ascensor e aseos para discapacitados. O conselleiro nacionalista explicou que ao tratarse dun edificio de grande valor patrimonial e histórico, as obras requiriron duns traballos arqueolóxicos previos que motivaron pequenas adaptacións no proxecto inicial. Fernando Blanco tamén avanzou que a próxima sinatura dun convenio de colaboración con Caixa Madrid co obxectivo de acometer obras de mellora na igrexa do mosteiro, unha actuación que vai supoñer unha achega de 500.000 euros por parte do departamento autonómico.
O titular de Innovación e Industria destacou que no ánimo da ConsellarÃa está estender os beneficios do fenómeno xacobeo ao conxunto do paÃs e non só a Santiago de Compostela ou ao Camiño Francés, e neste contexto enmarcou a actuación no albergue de Sobrado que, situado no Camiño Norte, contribuirá a dinamizar turÃstica e economicamente esta comarca do interior. Igualmente avanzou que a dÃa de hoxe están en marcha ou se van executar ao longo do ano obras no Camiño Norte por importe de 1,7 millóns de euros, entre as que citou as intervencións nos albergues de Ribadeo e Trabada, as recuperacións de elementos patrimoniais como a telleira de Boimorto ou a capela de Santa Comba de PÃas (en Mondoñedo), ou o Centro de Interpretación do Camiño Norte, tamén en Mondoñedo.
Por último, o titular de Innovación e Industria recordou que de cara ao ano Xacobeo 2010, a ConsellarÃa está a poñer en marcha un ambicioso plan para potenciar ao máximo as distintas rutas xacobeas, impulsando actuacións que van supoñer a mobilización de 141,4 millóns de euros.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.