
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou con Cheché Real, o presidente da Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo unha campaña promocional de achegamento da nosa cultura e dos lugares turÃsticos de referencia aos turistas que se achegan á nosa provincia.
Ao longo destes meses repartiranse ao longo de toda a provincia de Lugo 200.000 baixo pratos entre os establecementos de hostalarÃa onde se promocionarán os lugares turÃsticos de interese e os museos pertencentes á Rede MuseÃstica Provincial.
O vicepresidente da deputación resaltou “o papel que deben xogar este tipo de iniciativas para impulsar que mais visitantes coñezan a provincia de Lugo na súa totalidade e non só a cidade e que ao mesmo tempo coñezan a riqueza patrimonial que esconde unha provincia como a nosa”.
Ao mesmo tempo puxo de manifesto que neste ano onde o Museo Provincial está de 75 aniversario tense que dar a coñecer esta efeméride e difundila a través da hostalarÃa lucense. Do mesmo xeito que se amosan aos visitantes da nosa provincia os atractivos turÃsticos que representan os museos pertencentes á Rede MuseÃstica Provincial.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.