Notas de prensa

VIII Certame de Rondallas e Corais Festas Santiago Apóstolo

Rondalla Alecrín organizou un ano máis o certame de rondallas e corais que se celebrou no Instituto Blanco Amor e que gañou o Coro de Cámara do Club Artístico de Ribadavia.

O sábado día 19 de xullo ás 19:00 horas, desenvolveuse no Instituto Eduardo Blanco Amor, do barrio da Ponte da nosa cidade, o VIII CERTAME DE RONDALLAS E CORAIS FESTAS SANTIAGO APÓSTOLO que xa é un clásico nestas populosas festas do noso barrio, está organizado pola RONDALLA ALECRÃN.

Iste ano acadamos a VIII edición, e dentro dos grupos que participaron na fase de concurso son de destacar os seguintes.

Rondallas:

1. Agrupación Musical Carlos Seijo ( Betanzos- A Coruña)
2. Rondalla de Cariño (Cariño – A Coruña)
3. Agrupación Musical Airiños de Canedo (Ourense)

Corais:

1. Coral Sta. María de Areas (Areas – Pontevedra)
2. Coro Cámara Club Artístico Ribadavia (Ribadavia – Ourense )
3. Coral Orfeón de Trives (Trives – Ourense)

Fora de Concurso:

E durante o tempo de deliberación do Xurado bailaron unhas nenas fora de concurso, que son de Ourense, e que responden o nome artístico de DANCE BOX, a súa especialidade en HIP HOP, salsa, etc.

Lista de gañadores:

Na categoría de Rondallas acadou o 1º Premio de Rondallas a Agrupación Musical Carlos Seijo da localidade coruñesa de Betanzos.
Na categoría de Corais acadou o 1º Premio de Corais a Coral Orfeón de Trives da localidade de Trives – Ourense.

E o PREMIO ABSOLUTO, o acadou a Coral CORO DE CÃMARA DO CLUB ARTÃSTICO DE RIBAVIA – Ourense.

Rondalla Alecrín, 2008-07-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES