Notas de prensa

O Avó de Paulo, pola familiarización xuvenil coa multiculturalidade

O xogo multimedia interactivo pretende inculcar os valores da integración social e da multiculturalidade na mocidade galega, especialmente a través das aulas.

O Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, presentou na casa da Cultura de Ames, xunto ao alcalde deste municipio, Carlos Antonio Fernández Castro, “O avó de Paulo”, un xogo multimedia educativo promovido pola Secretaría Xeral de Emigración que ten coma obxectivo fomentar a reflexión e o cambio de actitudes nos máis cativos fronte o fenómeno da inmigración.

Durante o acto de presentación, no que estiveron moitos dos rapaces que están a participar nas escolas de verán do concello de Ames, o Secretario de Emigración subliñou que “as escolas da maioría das nosas cidades e vilas configuran unha realidade da que xa forman parte nenas e nenos de orixe, relixión e cultura moi diversas, sendo precisamente este Concello de Ames un dos expoñentes mais claros desa interacción cultural que estamos a vivir en Galicia” facendo referencia ao feito de que Ames é un dos concellos de Galicia que, proporcionalmente, conta con maior número de inmigrantes entre os seus veciños.

Manuel Luís Rodríguez tamén destacou que “a educación intercultural é unha aposta clave para o presente e o futuro da nosa sociedade, polo que é imprescindible potenciar actividades como o xogo O Avó de Paulo, que invita á reflexión, ao encontro e ao traballo neste eido, ao mesmo tempo que prepara á sociedade para unha convivencia harmónica, engadindo neste caso un compoñente de presente e de futuro como é a interactividade no eido das novas tecnoloxías.”

Por último cualificou coma “un reto a construción dunha nova cidadanía activa e intercultural xa nesta xeración á que pertencen estas nenas e nenos e confío que entre todas e todos academos un espazo de referencia grazas ás aportacións que cada día estamos a facer, enfrontando os retos da integración como base imprescindible para lograr unha perfecta convivencia.”

“O Avó de Paulo” conta a historia dun rapaz natural de Brasil que ven vivir a Galicia onde descubrirá que o seu avó era galego. Paulo decide poñerse na procura do seu antepasado iniciando así unha viaxe que lle levará a descubrir que aqueles aspectos que nos fan a todos diferentes son en realidade elementos enriquecedores para calquera sociedade na que estea presente a multiculturalidade.
Os rapaces alí presentes tiveron a oportunidade de aprender o funcionamento do xogo, que lles foi explicado por un dos integrantes da empresa Imaxin Software, encargada do deseño e desenvolvemento de O Avó de Paulo que a partires de hoxe pode descargarse da páxina Web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com



Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, 2008-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES