Notas de prensa

A compositora Zeltia Montes gaña o Premio Jerry Goldsmith pola música de Pradolongo

O Congreso Internacional de Música de Cine Ciudad de Úbeda outórgalle o premio á mellor música en longametraxe pola banda sonora da película que foi gravada pola Galicia Filme Orquestra na Coruña.

Temos o pracer de informar que a música de Pradolongo, da man da súa compositora Zeltia Montes, ven de facerse co premio máis importante dos que se conceden no congreso internacional especializado en música de cine "Ciudad de Úbeda".

Este congreso é un evento de carácter internacional adicado especialmente á música cinematográfica, no que durante catro días teñen lugar proxeccións, charlas e concertos ao que asisten os recoñecidos profesionais. Ao certame deste ano asisten entre outros Jaume Balagueró, Carles Cases, Christopher Slaski, Roque Baños, Juan Antonio Bayona e Alberto Iglesias.

No Congreso concédeselle cada ano unha atención especial aos novos compositores da man do premio Jerry Goldsmith a novos creadores, que sirven como recoñecemento e apoio aos compositores que se están iniciando no eido audiovisual. Como sinalamos, a gañadora desta edición é Zeltia Montes pola música de PRADOLONGO.

Nacida en 1979, Zeltia é compositora de música para cine, televisión e música contemporánea. Cursou estudios no Real Conservatorio de Música de Madrid, na Escola de Música de Madrid e na prestixiosa ¨Berklee College of Music¨, onde se especializou en música de cine e onde se graduou obtendo unha dobre licenciatura nas especialidades de Composición e Films Scoring, recibindo o máximo premio Fin de Carreira Summa Cum Laude. Foi elexida compositora da nova orquestra Berklee Contemporary Symphony Orchestra paraa tempada 2007 - 08, e da prestixiosa Orquesta de Música Contemporánea ALEA III. Dende maio de 2008 reside en Los Ãngeles.

Logo do seu exitoso paso polas salas comerciais, PRADOLONGO será proxectada este verán por toda Galicia nas sesións especiais de cine de verán nas que colabora Mr. Misto e a Deputación de Lugo.

Producida por Vía Láctea Filmes PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense. Tamén contou coa coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alberto Pereira, 2008-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES