
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, presidiu unha nova reunión extraordinaria do Pleno do Consello Galego de Pesca, integrado pola Administración, o sector e os sindicatos, na que se analizou a proposta de regulamento da Comisión Europea (CE) polo que se aproban as accións dirixidas ao sector pesqueiro como consecuencia do incremento do prezo do combustible e que será debatida no Consello de Ministros da UE o 15 de xullo.
Con esta xuntanza dase cumprimento ao compromiso adquirido pola Conselleira na anterior reunión do Consello Galego de informar ao sector das novidades que se vaian producindo. Neste caso, no encontro procedeuse a analizar a proposta que, tal e como manifestou a titular de Pesca, aÃnda non é definitiva, polo que haberá que agardar ata á súa aprobación a vindeira semana para avaliala máis en profundidade.
Non entanto, a responsable da Administración pesqueira galega manifestou que unha das medidas que máis poderÃan interesar ao sector son as paradas temporais financiadas, de tres meses de duración e dirixidas a tripulantes e armadores, que poderÃan empezar a contar dende o 1 de xullo e abranguer ata o 31 de decembro de 2009. Neste punto, Carmen Gallego indicou que existen dúas dificultades para a súa posta en práctica. A primeira delas é que só van dirixidas aos segmentos de frota que tiveron durante 2007 un gasto en combustible que representou, polo menos, o 30 por cento dos seus custos de explotación, o que unicamente beneficiarÃa aos segmentos de arrastre, Gran Sol, litoral e Nafo.
A outra condición é o feito de que os sistemas de adaptación da frota que se elaboren para facer esas paradas temporais terán que levar consigo unha redución permanente da capacidade da frota dun 30 por cento. A Conselleira explicou que esta medida, se se aplica sen ter en conta os condicionantes que se están propoñendo dende Galicia e dende España, serÃa inasumible, xa que, na súa opinión, non é posible levar a cabo a revisión proposta. Segundo indicou Gallego, os gobernos central e autonómico están a traballar para que a CE inclúa dentro do regulamento algunhas medidas que van na liña da agrupación de segmentos da frota ou de portos para poder acceder ás paradas temporais.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.