O Consello da Xunta de Galicia deu o seu visto e prace ao Proxecto de Lei de Pesca de Galicia, que derrogará a norma vixente de 1993. A nova lexislación regulará, nun único texto, todas as materias marÃtimo-pesqueiras que son competencia da Comunidade Autónoma. Deste xeito, o sector pesqueiro poderá dispoñer dun único texto con rango de lei que será un instrumento áxil, dinámico e de fácil manexo e comprensión, que sentará as bases para que a actividade pesqueira siga sendo unha das máis importantes, durareiras e viables da nosa economÃa. Asà mesmo, servirá para que a pesca en Galicia se poida xestionar tendo en conta as persoas, a economÃa e o respecto polo medio ambiente e polos recursos.
A nova lei regula a conservación e xestión dos recursos pesqueiros e
marisqueiros; a pesca marÃtima profesional e a de lecer; o marisqueo; a
acuicultura mariña; a frota pesqueira galega; os axentes do sector
pesqueiro galego; a comercialización, transformación e promoción dos
produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura; o desenvolvemento
sustentable das zonas de pesca; a investigación, o desenvolvemento
tecnolóxico e a innovación; a formación marÃtimo-pesqueira; a inspección
e o control; os rexistros e o réxime sancionador.
A nova lexislación naceu do compromiso adquirido polo novo Goberno galego
de deseñar un texto normativo de ordenación do sector pesqueiro que
eliminase trabas burocráticas e que fose o suficientemente xenérico e
amplo. Ademais, o texto tivo en conta ao sector a través dunha consulta
aberta que se iniciou en xaneiro de 2007 coa creación dun Buzón de
Suxerencias na web oficial do departamento de Pesca. AsÃ, no actual
proxecto recolléronse algunhas das achegas realizadas polos profesionais
do mar, ben por acción (incorporando as suxestións que fixeron) ou por
omisión (eliminando cuestións da normativa vixente coas que non estaban
de acordo porque lles dificultaba o seu traballo).
Simplificación normativa
O Proxecto de Lei de Pesca de Galicia regula a lexislación básica da
comunidade autónoma en materia de pesca e, polo tanto, derrogará as cinco
leis que, na actualidade, rexen a actividade pesqueira: Lei de pesca de
Galicia (1993), Lei de confrarÃas de pescadores, Lei pola que se crea o
Servizo de Gardacostas, Lei de creación do Instituto Tecnolóxico para o
Control do Medio Mariño de Galicia e a Lei de protección, control,
infraccións e sancións en materia marÃtimo-pesqueira.
Asà mesmo, recolle o escenario internacional, europeo e estatal actual,
asà como a nova realidade galega que mudou considerablemente dende hai 15
anos, cando se aprobou a norma vixente do ano 93. A proposta legal tamén
incorpora referencias á normativa básica estatal como a Lei 3/2001, de 26
de marzo, de Pesca MarÃtima do Estado, e toma preceptos da PolÃtica Común
Europea de Pesca, que fixou un novo marco de xestión e explotación
sustentable dos recursos pesqueiros. Tamén recolle unha parte importante
dos principios inspiradores do Código de Conducta de Pesca Responsable da
FAO que, aÃnda sendo voluntario, a súa aceptación é froito do consenso
dos paÃses que integran este organismo internacional.
O Proxecto de Lei de Pesca de Galicia estrutúrase en 14 tÃtulos, dez
disposicións adicionais, sete disposicións transitorias, unha disposición
derrogatoria e catro disposicións derradeiras.
Novidades da nova Lei de Pesca
Entre as novidades que incorpora o Proxecto destacan a proposta dunha
cultura do seguro no sector, algo que xa vén sendo desenvolvido a través
de distintas accións polo departamento que dirixe Carmen Gallego. Esta
nova concepción do seguro servirá como un instrumento que incida
directamente na seguranza marÃtima, na conta de resultados das empresas e
nunha cobertura das posibles situacións imprevistas que poidan acontecer.
Ademais, tamén é de destacar que para o marisqueo a pé se prevé a
posibilidade de que as organizacións sectoriais accedan a concesións
administrativas na zona marÃtimo-terrestre, algo que ata o de agora só
estaba reservado aos cultivos. Asà mesmo, o novo texto contempla a figura
das áreas mariñas protexidas, áreas de acondicionamento mariño, áreas de
repoboación e as reservas mariñas, nas que a participación dos sector é
fundamental e básica para poñelas en marcha.
Implantación das licenzas profesionais
Continuando coas novidades, o Proxecto incorpora tamén o establecemento
de censos por modalidades, pesquerÃas, e caladoiros; e recolle por vez
primeira, dentro da regulación da pesca marÃtima, a figura da licenza de
pesca profesional, desaparecendo asà da nosa lexislación o permiso de
explotación. Esta licenza terá unha duración indefinida, e estará
ineludiblemente ligada á embarcación e á asignación de posibilidades de
pesca a través da identificación da modalidade autorizada. Tamén se
inclúe no novo texto a figura do permiso de pesca especial que terá un
carácter temporal.
En canto ao marisqueo, créase unha licenza para esta actividade, en lugar
tamén do permiso de explotación, distinguÃndose entre marisqueo a pé e
dende embarcación, e cun prazo de vixencia de cinco anos. Deste xeito,
os mariscadores e mariscadoras non terán que renovar o seu permex
anualmente, como están a facer na actualidade. Esta modificación
redundará nunha mellor planificación das actividades e das estruturas
produtivas vinculadas ao marisqueo, ao conferir unha maior proxección
temporal no exercicio da actividade.
Por outra banda, a proposta aprobada no Consello da Xunta establece tamén
solucións para que determinados segmentos da actividade marisqueira
deixen de ter as limitacións de potencia dos motores que tiñan ata a
data, respectando sempre a normativa europea.
Órganos de participación do sector
No tocante ás organizacións do sector, a Lei regula a participación das
confrarÃas, das organizacións de produtores, as cooperativas do sector do
mar, as organizacións sindicais e outras entidades asociativas. Neste
punto, introduce polÃticas de igualdade entre homes e mulleres que se
dedican á actividade regulada neste texto legal. Trátase de medidas que
teñen unha plasmación directa e concreta no establecemento de criterios
de igualdade na configuración dos órganos de dirección das confrarÃas de
pescadores. Asà mesmo, o Proxecto de Lei regulará, por primeira vez nun
texto con rango de lei, o funcionamento do Consello Galego de Pesca.
O texto normativo promove, asà mesmo, novas fórmulas de xestión das zonas
costeiras galegas coa creación da Axencia de Desenvolvemento Sustentable
das Zonas de Pesca e o Turismo Mariñeiro. Deste xeito, séguese a
filosofÃa do eixo prioritario nº 4 do Fondo Europeo da Pesca (2007-2013).
A Axencia Galega de Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca será o
instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e
coordinación do desenvolvemento das zonas costeiras galegas, para
mellorar as condicións de vida dos profesionais do mar e das poboacións
costeiras. Entre os seus obxectivos figuran a elaboración de estratexias
e plans integrados de coordinación de actuacións nas zonas costeiras; a
difusión das polÃticas e medidas de desenvolvemento costeiro; a
dinamización e coordinación dos grupos de acción costeira vinculados á
polÃtica de desenvolvemento da pesca, o marisqueo e a acuicultura; ou o
impulso da formulación por parte destes grupos de iniciativas e programas
de desenvolvemento e diversificación das actividades propias do sector.
En canto ao turismo mariñeiro, estipúlase que terán a consideración de
actividades deste tipo, entre outras, as de pesca turismo –desenvolvidas
a bordo de embarcacións pesqueiras dirixidas ao coñecemento, valorización
e difusión do traballo dos profesionais do mar-; as rutas guiadas; as
casas de turismo mariñeiro; ou as de promoción e posta en valor da
gastronomÃa mariñeira.
É de destacar tamén que a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos
plasmou no Proxecto, no tocante á protección dos recursos, mecanismos
máis áxiles e eficaces para a loita contra a pesca ilegal, establecendo
os medios humanos e materiais necesarios, tanto para a inspección como
para a vixilancia. Deste xeito, o novo texto, cambiará a denominación do
Servizo de Gardacostas, polo de Servizo de Inspección e Vixilancia
Pesqueira, que terá entre as súas funcións e labores os de inspección,
vixilancia, loita contra a contaminación e salvamento. Por último, tamén
é de sinalar que o texto recolle a extinción do Intecmar como ente de
dereito público, pasando a formar parte novamente da estrutura orgánica
do departamento do Goberno galego.
Concesións das bateas
En relación ás concesións das bateas, o artigo 62 do proxecto,
pertencente ao tÃtulo V que regula a acuicultura mariña, establece que as
concesións de actividade na zona marÃtima outorgaranse por un perÃodo
máximo de dez anos. Estas poderanse prorrogar por perÃodos iguais, ata un
máximo de trinta anos, unha vez que o solicite a persoa concesionaria.
En canto aos criterios de outorgamento das concesións, o texto aprobado
hoxe no Consello da Xunta establece que se concederán previo procedemento
de concurso público que estará presidido polos principios de
obxectividade, equidade, publicidade, concorrencia e transparencia. Por
último, o baremo que rexerá o concurso público ao que saian as concesións
no suposto de extinción “valorará preferentemente” ter sido titular dunha
autorización para o exercicio de acuicultura mariña en zona marÃtima no
mesmo subsector de actividade; ter exercido habitualmente a explotación
dunha concesión deste tipo; a experiencia no desenvolvemento desta
actividade por parte dos particulares e empresas solicitantes; asà como a
adecuación a criterios técnicos, sanitarios e ambientais que se
determinen.
O seguinte artigo, que aborda a transmisión das concesións, contempla a
posibilidade da transmisión “mortis causa” destas e, nos supostos de
cesión por actos “inter-vivos”, deberá favorecerse a integración
económica e social do sector.
Este tÃtulo conta co respaldo da comisión representativa do sector
mexilloeiro, coa que a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimo se reuniu
en diversas ocasións para acadar un texto consensuado.
Sancións
O novo texto tamén establece o réxime sancionador, que divide as
infraccións en leve, graves e moi graves, prevendo a imposición de multas
que van dende os 60 aos 300.000 euros ou a inhabilitación para o
exercicio da actividade.
Procedemento para a aprobación definitiva da nova Lei de Pesca
A nova norma, elaborada pola ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos,
chegou ao Consello da Xunta despois do debate coas entidades e
organizacións do sector pesqueiro, tras ser analizado polo Pleno do
Consello Galego de Pesca, e logo da súa publicación na web oficial do
departamento autonómico para atender ás achegas e alegacións. Ademais, o
proxecto foi remitido a diferentes consellerÃas e tamén ás direccións
xerais da Función Pública e de Orzamentos, asà como á AsesorÃa XurÃdica
Xeral, entre outras administracións. Finalmente, solicitouse o ditame ao
Servizo Galego de Promoción e Igualdade do Home e da Muller e ao Consello
Económico e Social de Galicia.
Tras a súa aprobación por parte do Goberno galego, o Proxecto de Lei
pasará a ser debatido no Parlamento para a súa aprobación por parte dos
deputados da Cámara. Unha vez teña o visto e prace do hemiciclo, a Lei de
Pesca de Galicia sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e
entrará en vigor no prazo de seis meses, contados a partires da súa
publicación no boletÃn autonómico. En todo caso, isto non se aplicará no
caso da Axencia de Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca que
prevé a norma, que entrará en vigor o dÃa seguinte ao da súa publicación
no DOG.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.