
Comarcas como as de Santiago, Barbanza e O Sar presentan unha alta concentración de gas radón, especialmente esta última, o que as converte en zonas de alto risco, segundo explicou en rolda de prensa o responsable do Grupo de Radon de Galicia da USC e profesor da Ãrea de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Xoan Miguel Barros. Do mesmo xeito, e á espera de concluÃr o Mapa de Galicia, todos os municipios da comarca do Deza son de baixo risco, ao igual que a maiorÃa dos da de Noia.
As concentracións de gas radón, segunda causa de cancro pulmonar e primeira en non fumadores, mÃdense en bequerelios por metro cúbico, comportando alto risco sempre que haxa máis dun 10% de domicilios que superen os 200 Bq/m. Como avanzou na rolda de prensa o profesor Barros, as comarcas do Sar e A Barcala son as que presentan a concentración máis alta de Galicia, con preto do corenta por cento das casas cun Ãndice superior ao establecido como lÃmite.
O Mapa de Radón de Galicia presenta trece comarcas con alto risco de radón, cinco con risco medio e vinte e un con baixo. à vista dos datos, e á espera da súa conclusión en novembro deste ano, o profesor Barros fixo un chamamento ás administracións responsables nesta materia para que establezan, “ben obrigatoriamente ou ben recomendatoriamente”, unha serie de medidas de cara a corrixir esta situación.
Os cidadáns que desexen que o Grupo de Radón da USC realice unha mediación deste gas nos seus domicilios poden solicitalo, previo pago de 30 euros, a través dos teléfonos 981581237 ou 981563100 extensión 12302.
Curso de verán en Noia
A liña investigadora do Grupo de Radon de Galicia da USC será exposta no curso de verán que baixo o tÃtulo 'Actualización do gas radon como factor de risco ambiental para a saúde humana: implicacións das administracións, dos profesionais e dos cidadánsÂ’ se celebrará entre o 14 e o 18 de xullo en Noia. Será nesas xornadas cando, entre outras cuestións, se formulen recomendacións, por exemplo, no tocante á construción e ás reformas a realizar nas casas.
De feito, no curso intervirán expertos que achegarán cuestións a ter en conta á hora de construÃr vivendas, á vista de que, como comentou Barros, os datos presentados se refiren ás vivendas de nova construción, “o que é preocupante” aÃnda que exista o atenuante de que Galicia “xa é por si mesma zona de alto risco de radiactividade natural”.
Trátase neste curso de revisar o papel da exposición radioactiva máis ubÃcua e prevalente á que se ve sometida a poboación e que supón o 50 por cento da dose efectiva anual de radioactividade dun humano e esclarecer a importancia da exposición ambiental considerada de alto risco polo Consello de Seguridade Nuclear, ademais de achegar os últimos resultados das investigacións do grupo de investigación da USC acerca da relación entre o gas e o cancro de pulmón, asà como os Mapas Comarcais de Radón xa finalizados.
Asemade, mostraranse as normativas e medidas existentes nos paÃses con lexislación sobre o gas e as posibles adecuacións en España e Galicia ás recomendacións das axencias internacionais. As clases, a celebrar na Casa de Cultura Avilés de Taramancos do Concello de Noia, pretenden ser un avance dun futuro curso de especialista da USC dirixido a titulados medios e superiores nas disciplinas implicadas no problema do radon.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.