
A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos promove, a través da campaña “Sonche Xan!”, o consumo de peixe entre os máis cativos da casa en “Oceanus 2008 Festival dos Mares”, que se celebra na cidade da Coruña entre o 26 e o 29 de xuño. Deste xeito, no certame, organizado polo Concello herculino, terá lugar o obradoiro “Aprende a comer peixe con Xan”, no que o debuxo animado de estética manga que protagoniza a campaña do departamento que dirixe Carmen Gallego achegará aos rapaces os beneficios derivados da inxestión de produtos do mar.
O festival “Oceanus 2008” lévase a cabo nunha carpa situada na explanada do Palacio de Exposiciones y Congresos (Palexco) da cidade herculina e foi inaugurado este mediodÃa, nun acto no que, entre outras autoridades, participou a delegada territorial de Pesca na Coruña, Rosa Liaño. O espazo “Aprende a comer peixe con Xan” tivo lugar hoxe en horario de 12 a 13,30 horas e tamén se desenvolverá nas xornadas de mañá e o sábado entre as 12,30 e as 14 horas.
No transcurso dos tres dÃas, está previsto que pasen polo obradoiro arredor de 100 nenos aos que Xan amosará os “poderes” que dá o consumo de peixe, fomentando neles hábitos alimenticios saudables para que medren fortes e sans. AsÃ, os rapaces que se acheguen ao taller, ademais de aprender e disfrutar dun anaco de lecer, recibirán diferentes agasallos e estarán acompañados por Xan, asà como por tres monitores.
Entre os regalos que se entregarán atópase diverso material promocional como mochilas, camisetas e porta Cds. Asà mesmo, os nenos recibirán como agasallo unha publicación con información sobre os valores nutricionais e os beneficios de consumir produtos do mar, receitas, pasatempos, fichas para colorear e información xeral sobre o mundo da pesca.
Esta actividade, coa que Pesca quere apoiar a celebración do 800 aniversario da cidade da Coruña, forma parte da campaña “Sonche Xan!”, que leva a cabo a ConsellerÃa ao longo de todo o ano. Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo animar aos máis pequenos a consumir peixe e que inclúe, ademais de anuncios en prensa, radio e televisión, actividades lúdicas e deportivas nas que se fai entrega aos rapaces de diverso material promocional.
De feito, o pasado mes de marzo, Xan foi o protagonista do stand do departamento autonómico na XIII edición da VilagarcÃa Basket Cup, o campionato internacional sub-20 de baloncesto da cidade de VilagarcÃa. Nese encontro, Xan repartiu camisetas aos membros dos equipos participantes, asà como agasallos a todos os asistentes e foi un dos encargados de animar aos equipos e á afección.
Coñecementos sobre o peixe e o traballo no mar
Os obxectivos xerais da campaña “Sonche Xan!” 2008 son potenciar o consumo de peixe desde idades temperás como parte esencial dunha dieta equilibrada; fidelizar a Xan como referente dun consumo divertido; e axudar aos pais a incluÃr os produtos do mar na alimentación dos rapaces como parte dunha dieta saudable e normalizada.
Ademais, persegue outras finalidades como dar a coñecer a composición nutricional do peixe e os seus beneficios para a saúde, asà como as distintas presentacións, elaboracións e conservación dos produtos do mar; difundir a diversidade de alimentos de orixe mariña; e facer que os máis cativos se familiaricen co traballo no mar e a importancia que ten a pesca para Galicia.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.