Notas de prensa

Arranca a campaña ¡Lugo xa conecta!

Comezou unha campaña baseada nun autobús interactivo fletado polo Concello de Lugo para levar ata os administrados as vantaxes que ofrece a administración electrónica.

Deu comezo na capital lucense a campaña “¡Lugo xa conecta!” (www.lugoxaconecta.org), baseada nun autobús interactivo fletado polo Concello de Lugo para levar ata os administrados as vantaxes que ofrece a administración electrónica.

Trátase dun proxecto de modernización da administración local do Concello de Lugo, en cooperación cos de Cervantes, Castroverde e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e dar satisfacción ós dereitos desta de resolver via internet os seus asuntos coa Administración.

A campaña extenderase ata o 31 de outubro, de luns a sábado, periodo no que o Bus visitará cento trinta parroquias para achegar as novas tecnoloxías ó medio rural.

NotaA inauguración oficial da campaña efectuouse na Praza Maior da capital lucense, onde o Bus da campaña estivo situado durante toda a xornada, e estivo a cargo do Alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, ó que acompañaban os rexedores de Castroverde, José María Arias Fernandez; de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, e Guitiriz, Regina Polín Rodríguez.

Lugo xa conecta, 2008-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES