
Técnicos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos, soltan 4.000 alevÃns de rodaballo na RÃa de Arousa, concretamente en augas do Grove. Esta acción permitirá alcanzar os 29.000 exemplares desta especie liberados en todo o litoral galego dende que, no ano 2005, o departamento que dirixe Carmen Gallego puxo en marcha do Plan de Repoboación de Especies Mariñas, que ten como obxectivo principal a recuperación de stocks de especies de elevado valor comercial.
As soltas divÃdense en dúas xornadas, de modo que se liberaron 1.000 individuos na praia de O Carreiro e agárdase que se solten os restantes, ata completar as 4.000 unidades, entre as praias de Mexiloeira e Area Grande, todas elas no Grove. Trátase de exemplares de, aproximadamente, un ano de vida e cun peso medio de 80 gramos, aos que se lles colocou unha etiqueta identificativa co teléfono do Igafa e cunha cifra referente ao ano da solta, é dicir, 2008. Ao igual que o exercicio pasado, empréganse etiquetas de diferentes cores (transparentes, amarelas e brancas) para comprobar a retención de cada tipo no exemplar.
Con estas soltas son xa 14.000 os rodaballos liberados en augas do Grove, xa que entre o ano pasado e o 2006 soltáronse nesa zona un total de 10.000 exemplares en dúas quendas de 5.000 unidades cada unha. Estes alevÃns introducidos no medio natural son sometidos, antes da súa solta, a estritos controis microbiolóxicos e patolóxicos por parte de técnicos e biólogos do Igafa coa finalidade de garantir as súas condicións sanitarias e para evitar pragas e contaxios indesexados.
Ademais, cabe sinalar que, a partires da vindeira semana, os técnicos de repoboación entregarán aos profesionais do mar unhas etiquetas adhesivas, para que as poidan pegar nas embarcacións, nas que xunto co logotipo do Plan de Repoboación de Especies Mariñas irá o teléfono do Igafa, a onde terán que chamar en caso de atopar algún exemplar marcado. Esta nova acción divulgativa comezará na ConfrarÃa de Pescadores do Grove, aÃnda que se ampliará aos pósitos próximos á área de solta.
Plan de Repoboación de Especies Mariñas
O Plan de Repoboación de Especies Mariñas no Litoral Galego púxose en marcha en outubro do ano 2005 coa liberación de 10.000 alevÃns de rodaballo na praia de Lago, en MuxÃa. Xa no 2006 soltáronse outros 2.000 exemplares no mesmo areal e 3.000 máis no de Moreiras, pertencente ao mesmo concello. Ademais, entre 2006 e 2007 liberáronse 10.000 unidades nas praias grovenses de O Carreiro e A Lanzada. Estas actuacións súmanse ás desta semana e á solta de 5.000 rodaballos prevista para o outono, o que permitirá alcanzar os 34.000 exemplares introducidos nas costas galegas.
No marco do Plan de Repoboación de Especies Mariñas tamén se está procedendo á solta de alevÃns de lumbrigante nas proximidades da Reserva Mariña de Interesa Pesqueiro “Os Miñarzos”, no concello coruñés de Carnota. Esta acción comezou en 2007 coa introdución de 6.000 unidades desta especie, á que seguiron 1.600 exemplares a mediados de maio, e aos que sumarán 3.400 lumbrigantes máis ao longo de 2008.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.