Notas de prensa

Presentado o programa de Bacharelato Internacional no IES do Castro

s conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca e Asuntos Marítimos asinaron un convenio para a realización de obras de acondicionamento da biblioteca e das pistas deportivas.

As conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, realizaron un percorrido polas instalacións do Instituto de Educación Secundaria (IES) do Castro de Vigo, que o vindeiro curso 2008-2009 se incorporará á rede de centros de Bacharelato Internacional (BI). As conselleiras asinaron ademais un convenio de colaboración para a realización de obras de acondicionamento neste centro que recibiu o visto e prace do Consello da Xunta a pasada semana.

Así, Sánchez Piñón e Carmen Gallego explicaron que, en virtude deste convenio, levarase a cabo o acondicionamento da biblioteca, pistas deportivas e adaptación de aulas para grupos pequenos, de cara a acadar a definitiva homologación e incorporación deste instituto na rede de centros BI. Deste xeito, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos realizará unha achega de 300.000 euros para estas actuacións; e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria será a encargada de elaborar, supervisar e aprobar o proxecto técnico, así como a contratación, dirección e execución das obras. Así mesmo, a Administración educativa dotará a este centro de diverso material para a súa incorporación ao Bacharelato Internacional, especialmente para a biblioteca e o laboratorio.

As conselleiras salientaron que a implantación do Bacharelato Internacional neste centro ten como obxectivo ofrecer esta modalidade de bacharelato ao persoal ao servizo da Axencia Comunitaria de Control da Pesca (CFCA), ao mesmo que se ofrece esta oportunidade ao resto do alumnado da Comunidade galega. Así, explicaron que os eurofuncionarios poderán desenvolver o seu traballo na cidade viguesa sen que o seu ámbito persoal e familiar se vexa afectado no referente á educación da súa familia en idade escolar.

Sánchez Piñón e Carmen Gallego lembraron que os departamentos que dirixen asinaron un convenio de colaboración en setembro para a incorporación do IES do Castro na rede de centros de Bacharelato Internacional, para o cal a Consellería de Pesca aportou 15.000 euros. Esta acción permitirá que os fillos dos eurofuncionarios que traballarán na Axencia poidan cursar o Programa Diploma do BI, un curso preuniversitario de dous anos, como se estiveran na súa cidade de orixe. Ademais, destacaron que este programa está aberto a todo o alumnado galego.

O Programa do Diploma é un currículo de educación internacional esixente, rigoroso e equilibrado que se dirixe a alumnado de 16 a 19 anos. O diploma que concede esta organización conta co recoñecemento das máis prestixiosas universidades do mundo, e aporta ao alumnado moito máis que un conxunto de coñecementos, xa que os prepara para a vida adulta, e sobre todo, para vivir nun mundo interconectado e globalizado no que se precisa pensamento crítico e mentalidade internacional.

A conselleira de Educación explicou que este programa xa se está a impartir no Instituto de Educación Secundaria (IES) Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, cun grupo de 30 alumnos, ao que agora se engade o IES do Castro, tamén cun grupo de 30 alumnos.

A Organización do Bacharelato Internacional é unha fundación educativa, sen ánimo de lucro, fundada en 1968 e que ten ao alumnado como eixo principal. Na actualidade, traballa con 2.051 colexios de 125 países para desenvolver programas formativos a máis de 539.000 estudantes de idades comprendidas entre os 3 e os 19 anos.

Pola súa parte, Carmen Gallego fixo especial fincapé en que a ubicación da Axencia Comunitaria de Control da Pesca en Vigo supón un recoñecemento ao peso de Galicia na pesca europea. Ademais, sinalou que este organismo foi creado no ano 2005 co propósito de reforzar o cumprimento das medidas establecidas na política pesqueira da Unión Europea e é o encargado de coordinar os medios nacionais e comunitarios, para favorecer a uniformidade e a efectividade no cumprimento das normas.

A conselleira de Pesca engadiu que a Axencia desenvolverá un papel relevante na loita contra a pesca ilegal, aínda que tamén asumirá as funcións de formación de inspectores e o desenvolvemento de proxectos piloto para probar novas tecnoloxías en materia de control.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia , 2008-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES