Notas de prensa

Cesión de case cen barcos a clubes náuticos galegos

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, asinou os convenios coas entidades deportivas e a Federación Galega de Vela para a cesión de embarcacións ata finais do verán do 2009.

A Dirección Xeral para o Deporte asinou hoxe convenios de colaboración coa Federación Galega de Vela e con máis de vinte clubs náuticos para a cesión de case cen barcos para a realización de actividades de promoción da vela entre os/as escolares do seu Concello.

No acto participaron representantes de todas as entidades, así como o presidente da Federación Galega de Vela, José Ãngel Rodríguez, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto. A directora insistiu na necesidade de achegar a actividade deportiva da vela aos máis cativos e manifestou “o meu agradecemento a todos os clubs e a Federación pola súa colaboración”.

Pola súa parte, o presidente da federación indicou que “o obxectivo deste convenio é organizar este proceso e marcar as condicións de cesións deste material, que é para a promoción da vela entre os máis cativos”. Os barcos, que pertencen á Dirección Xeral para o deporte, será cedidos aos clubs ata finais do verán do 2009.

A directora xeral destacou que a entrega dos barcos faise despois da entrega dun proxecto e que posteriormente farase unha avaliación do mesmo, para comprobar “se cumprimos os obxectivos establecidos”.


Gabinete de Comunicación da Dirección Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, 2008-05-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES