
Os concellos de Teo e Carral reeditan un texto de X. M. Ãlvarez Blázque, autor homenaxeado o dÃa das Letras Galegas. A publicación que leva por tÃtulo Berro en Lembranza dos Herois de Carral son as palabras do autor ditas diante da Federación de Mocedades Galeguistas de Pontevedra en 1934. Trátase dun discurso no que se realiza unha homenaxe aos coñecidos como mártires de Carral, os oficiais asasinados despois da Batalla de Cacheiras en abril de 1846.
O departamento de Cultura, a través da súa concelleira Carme Hermida, apostou por reeditar un texto que lembra un feito histórico como a Batalla e aos homes que foron asasinados en Carral. O texto de Ãlvarez Blázquez reeditase co permiso da familia e colaboración do concello de Carral e da Real Academia Galega.
Cunha tirada de 3.000 exemplares a publicación mantén a portada e a contraportada orixinal conforme se publicou no ano 34 pola Federación de Mocedades Galeguistas de Pontevedra. O concello de Teo considerou acertado poñer en valor un texto do autor ao que se lle adica este 2008 o dÃa das Letras Galegas que recolle parte da historia do municipio. Deste xeito, como aparece na contraportada do libro “queremos conmemorar con esta publicación o 162 aniversario da Batalla de Cacheiras e dos Fusilamentos de Carral e, asemade, participar na homenaxe que polo DÃa das Letras Galegas se lle fai a D. Xosé MarÃa Ãlvarez Blázquez”.
A presentación do libro farase o próximo sábado tres de maio na casa do concello a partir das 20,00 horas e contará coa presenza de representantes das institucións implicadas na edición, os concellos de Teo e Carral e a Real Academia Galega.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.