A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polas socias da Asociación de mariscadoras do estuario do RÃo Anllóns (Cabana de Bergantiños), inaugurou as novas instalacións para este colectivo. Trátase dunha infraestrutura demandada por estas profesionais e que é a axeitada para desenvolver a súa actividade marisqueira, tanto no que atinxe ás condicións de traballo, como no desenvolvemento da organización da cadea de produción.
A titular de Pesca da Xunta de Galicia quixo estar presente na inauguración oficial da Casa das Mariscadoras que consta dunha única planta e esténdese nunha superficie de, aproximadamente, 220 metros cadrados. Neste estrutura destacan dúas zonas claramente diferenciadas, unha é a destinada a local para depuración, manipulación e almacenaxe de moluscos, asà como para vestiarios do persoal e un local para oficinas. Doutra banda atópase unha área na que se ubica unha aula-sala de xuntas, un taller, un almacén para materiais, aparellos de traballo e instalacións varias, asà como os aseos.
Tal e como resaltou Carmen Gallego no transcurso do acto de inauguración, no deseño do edificio tÃvose moi en conta a súa integración no entorno. Deste xeito, aproveitouse o importante desnivel que presentaba o terreo no que se sitúan as novas instalacións para realizar unha cuberta axardinada.
A Asociación de mariscadoras do estuario do RÃo Anllóns solicitou a axuda para esta infraestrutura presentando un proxecto na ConsellerÃa ao amparo dunha orde de axudas para a adopción de medidas complementarias na pesca costeira artesanal. Para levar a cabo esta obra o departamento de Pesca achegou un importe total de 149.500,27 euros.
A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos conta para este ano 2008 cun orzamento total de 8,2 millóns de euros para desenvolver plans de infraestruturas portuarias que buscan dotar ao sector pesqueiro e marisqueiro dos equipamentos e infraestruturas necesarias para poder realizar o seu traballo nas mellores condicións, asà como para mellorar os procesos de produción e comercialización dos recursos mariños.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.