
O evento, presidido polo vicerreitor de Cultura Elias J. Torres, contou coa presenza do vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán; o decano do centro, José Miñones; e a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de A Coruña, Rosa Lendoiro.
Noelia MartÃnez, gañadora co poema O peitoril da miña fiestra, e Rosa MarÃa Llorente, galardoada polo relato Fraternité, recibiron no acto unha medalla conmemorativa e un total de 600 euros.
Tamén asistiron ao evento os membros do xurado, os profesores de FiloloxÃa Galega e Portuguesa na USC, Xosé Luis Couceiro, José Carlos Quiroga e Xosé Manuel Salgado. A entrega do premio, patrocinado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña, pechou o conxunto de actos cos que se celebrou o 150 aniversario da creación de Facultade de Farmacia na USC.
Noelia MartÃnez e Rosa MarÃa Llorente
Noelia MartÃnez Pena é licenciada en FilosofÃa pola Universitat de Barcelona onde se especializou na área de Estética. Cando cursaba secundaria, a premiada gañou en 1997 e 1998 os concursos de poesÃa e relato do IES Antón Fraguas e o Premio de PoesÃa Celso Emilio Ferreiro convocado polo IES de Celanova en 1996 e 1997. Autora de dous libros de poemas inéditos, actualmente imparte clases de filosofÃa nun centro de educación secundaria.
Pola súa banda, Rosa MarÃa Llorente Suárez, administrativa natural de Vigo, escribe “dende sempre” aÃnda que, dende fai pouco, decidiuse “a compartir as historias grazas á participación en varios talleres de creación literaria”. No seu currÃculo destacan galardóns como o primeiro premio de relato de muller no ‘I Certame Literario Eduardo Chao 2006Â’, o ‘I Premio de relatos Mulleres progresistas de Vigo 2007Â’ e a publicación dun libro de relatos titulado O son máis lene, publicado pola editorial Nova Galicia no ano 2007.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.