
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, iniciou a súa visita institucional á capital francesa cun encontro coa primeira tenente de alcalde e conselleira rexional, Anne Hidalgo, con quen acordou estreitar os lazos de cooperación cultural entre a capital francesa e a galega, aproveitando as sinerxÃas e potencialidades que ofrece o camiño de Santiago. Nesta liña ambos coincidiron en destacar a necesidade de “construÃr o patrimonio cultural do futuro” aproveitando tamén as futuras potencialidades da Cidade da Cultura.
Logo de manter unha xuntanza de case unha hora de duración, os dous mandatarios salientaron que existen “proxectos culturais moi interesantes que levar adiante entre ParÃs e Santiago de Compostela”, posto que hai “puntos comúns de referencia”, ao ser as dúas cidades históricas, pero tamén, en palabras de Anne Hidalgo, “cidades que se apuntan á modernidade e á cultura”. O obxectivo é estreitar os vÃnculos de colaboración para que “as nosas cidades se coñezan mellor” e para que os parisinos e galegos disfruten dunha cooperación cultural que “poderá ser moi interesante”.
Traballar desde xa para a sinatura dun acordo
Deste xeito, na xuntanza Pérez Touriño e Anne Hidalgo acordaron poñer xa en marcha os traballos para a próxima sinatura dun convenio de colaboración no que tamén participarÃa o Consorcio de Santiago de Compostela. Asà mesmo avanzaron no establecemento de relacións culturais co Museo Arqueolóxico, co Museo de Arte Moderno de ParÃs e co organismo municipal encargado de Patrimonio e Cultura.
Emilio Pérez Touriño insistiu no vÃnculo común do Camiño de Santiago, o primeiro itinerario cultural europeo, e avogou por situar o próximo ano Xacobeo, o 2010, “como punto de referencia para materializar” a cooperación entre as dúas cidades, aproveitando a rede e todo o potencial cultural de ParÃs. “Imos traballar para poder materializar esa cooperación que permita crear as maiores sinerxÃas”, con todo “ese influxo e a potencia que ten o Camiño de Santiago, un vÃnculo cultural que une culturas e civilizacións, pero tamén como un vÃnculo de futuro, compartindo os problemas e compartindo os desafÃos que nos plantexa a sociedade actual”, aseverou o máximo mandatario galego.
Pola súa banda, a primeira tenente de alcalde lembrou que o concello de ParÃs está a impulsar a rehabilitación da Tour de Saint-Jacques, a torre desde a que partÃan os antigos peregrinos cara a Compostela, e amosouse convencida de que este poderá ser un “sitio simbólico neste proxecto conxunto de reunir Santiago e ParÃs a través do Camiño”.
Invitación a visitar Santiago
Durante a reunión, o titular da Xunta tamén aproveitou para invitar ao alcalde de ParÃs, Bertrand Delanoë e tamén á propia Anne Hidalgo a visitar Galicia e Compostela, no ano 2010, coincidindo coa celebración do Xacobeo. “Tiven a oportunidade de trasladarlle a invitación a ela e ao alcalde, que estou seguro que aceptará e rogo lla transmita, para visitar Santiago e poder materializar nese ano 2010, coa súa visita e a súa presenza esa cooperación e colaboración que desde agora poñemos en marcha”, insistiu Pérez Touriño.
Por último, o presidente galego agradeceu a hospitalidade, “amabilidade e cordialidade” da vicealcaldesa de ParÃs e lembrou as súa orixe española. Asà mesmo, salientou que un dos principais motivos da súa visita á capital francesa é o encontro coa colectividade galega, que suma máis de 3.500 persoas en ParÃs e que está “axudando a construÃr o futuro e o presente desta gran cidade”.
Pola súa banda, Anne Hidalgo tamén dixo sentirse agradecida pola visita do presidente de Galicia, un territorio –asegurou- “moi importante de España e moi importante para Europa”. Asà mesmo, tamén se referiu a que ParÃs acolle un gran número de galegos e resaltou a súa contribución á vida da cidade.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.