
A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, indicou que os escritores Paula Carballeira e Guillermo Llorca seon os invitados de excepción desta xornada. AsÃ, a edil recordou que no caso da escritora fenesa, comparece para presentar o seu último traballo “Boas noites”. Un acto no que estará acompañada de tres músicos e que irá precedido dun animado coloquio. Logo diso, Carballeira asinará exemplares das súas obras. Respecto da presenza do escritor e historiador Guilllermo Llorca Freire, a edil avanzou que este acudirá contra das sete e media do serán para dar a coñecer o seu último traballo “Ferrol: memoria da vida cotiá”. Xunto co autor ferrolán participará o editor do libro Miguel Salas.
Asemade, a responsable da organización da feira apuntou que non serán estas as únicas actividades previstas. Ãs 10.30 e ás 12 da mañá, Antón Cortizas dirixirá un obradoiro de papiroflexia na Casa do Xadrez para os escolares ferrolás de 5º e 6º de primaria. Xa pola tarde, Loca Motora deleitará ao público infantil coa obra “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta”. Mentras, o paseo central do Cantón de MolÃns acollerá unha nova xornada de xogos populares, unha acción que vén da man do Clube de Chave Ferrolterra. Finalmente, Mercedes Carbajales anunciou un novo concerto dos alumnos de música do conservatorio. Esto será ás seis e media do serán tamén no Cantón.
Fin de semana
Respecto da fin de semana, a edil de Educación destacou a presenza de escritores da talla de Teresa Moure, Farruco Graña, Rosa Aneiros ou Rafael Lema. Asà mesmo, Carbajales lembrou que o programa de actividades contempla maxia, contacontos e mesmo un obradoiro do cómic para os máis novos. Neste senso explicou que o sábado Experimentacultura presentará o seu espectacular contacontos “O pirata contón”. à unha no Cantón. Pola tarde chegará a maxia á Feira do Libro da man do Mago David, que comezará o seu espectáculo as cinco e media do serán. Unha hora máis tarde, un quinteto de vento e metal formado por alumnos do conservatorio de música amenizarán a xornada. E xa a partir das sete do serán, Teresa Moure participará nesta nova edición da feira co seu traballo “A casa dos Lucarios”. Logo diso, Farruco Graña fará o mesmo co seu libro “O bosque de Nadgor”.
Finalmente, a derradeira xornada desta edición se iniciará cunha sesión de animación á lectura da man de Ramiro e a obra “A haima de Agmed”. Xa pola tarde, os nenos seguirán sendo os protagonistas no obradoiro infantil de cómic dirixido por Didactis. Tamén coa participación da escritora ferrolá Rosa Aneiros, quen asinará exemplares dos seus libros “Os ourizos cachos e o gran rÃo gris” e da obra para un público máis adulto “Ao pé do abismo”. A ela lle seguirá o porteño Rafael Lema coa presentación de “U-49”.
Asemade, a responsable da área de Educación subliñou a boa acollida dispensada polo público ás actividades culturais programadas ao abeiro da Feira do Libro. “Unha oferta multidisciplinar que non se limita á venda de libros como se viña facendo tradicionalmente”. E nesa liña, Mercedes Carbajales indicou que o seu departamento comezará a traballar “de inmediato na seguinte cita” cun obxectivo moi claro: “fomentar a lectura dende a infancia, creando hábitos que perduren no tempo”.
Por último, a edil lembrou que todos aqueles que merquen un libro contarán cun desconto nos prezos habituais do 10%, asà como que dende a Federación Galega se achegará un importante continxente de libros para sortear a diario entre os compradores.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.