
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polo director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López RodrÃguez, mantivo en San Caetano unha xuntanza de traballo co Tenente de Alcalde do Concello de Cangas do Morrazo e concelleiro de Obras e Servizos, Héctor Otero, e o concelleiro de Pesca e Transportes, Tomás Abalde.
Entre os temas que se abordaron no marco desta reunión destacan o da nova lonxa da vila, asà como a presentación dun proxecto para a limpeza dos fondos mariños da zona.
No transcurso deste encontro Carmen Gallego presentoulle aos representantes do Concello de Cangas o avance do novo proxecto da lonxa desta localidade que eliminará a primeira planta e que contará cunhas instalacións máis avanzadas e funcionais que as que aparecÃan no proxecto primitivo. Deste xeito, elimÃnase o problema das alturas, ampliando a superficie en metros cadrados da planta baixa.
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos fixo especial fincapé en que este novo proxecto conta con 500.000 euros máis de presuposto e destacou que responde ás expectativas do sector pesqueiro de Cangas, xa que se realizará un edificio máis avanzado e innovador equiparable aos que existen a nivel europeo. Asà mesmo, anuncioulle ao Tenente de Alcalde e ao concelleiro de Pesca que as obras de construción do novo edificio poderÃan comezar a acometerse este mesmo verán.
A titular de Pesca e o director xeral de Estruturas explicaron aos presentes a distribución actual da lonxa que gañará en beleza e funcionalidade e que contará, entre outras dependencias, cunha zona de distribución de peixe, unha adicada á pesca de baixura, unha zona de manipulación e procesado, asà como oficinas e vestiarios.
Pola súa parte, Héctor Otero e Tomás Abalde amosaron a súa satisfacción polo novo proxecto de lonxa e aproveitaron o encontro con Carmen Gallego para solicitarlle axuda para levar adiante unha iniciativa sobre a limpeza dos fondos mariños da zona do Morrazo. A Conselleira comentoulles que estudará a posibilidade de que este proxecto poida acollerse a unha liña de axudas que leva a cabo a Dirección Xeral de Recursos Mariños.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.