Os rapaces da provincia da Coruña terán a oportunidade de visitar a Expo Zaragoza 2008 durante o vindeiro mes de xullo, a través dunha nova edición do programa “Vivir o mundo”, organizado pola Deputación da Coruña, que en edicións anteriores levou a xóvenes coruñeses a Barcelona, Bruselas, ParÃs ou Roma, e que este ano terá como destino a cidade maña.
Durante a viaxe, de catro dÃas de duración, os escolares coruñeses terán a oportunidade de coñecer esta exposición de carácter internacional, que abordará a temática da auga e o desenvolvemento sostible e, ao mesmo tempo, visitar lugares monumentales e emblemáticos desta cidade bimilenaria como “la BasÃlica del Pilar”, “La Catedral de la Seo”, o “El Palacio de la AljaferÃa”, ademáis de visitar museos e centros de interese cultural.
Prazo de inscrición ata o 15 de abril
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, ven de remitir aos 94 alcaldes da provincia unha circular na que se lles informa desta actividade cultural para que, aqueles concellos que desexen participar na mesma, se inscriban antes do vindeiro 15 de abril.
Unha vez coñecido o número de concellos inscritos, a institución provincial realizará o reparto definitivo das prazas ofertadas e establecerá as quendas de asistencia, correspondéndolle en todo caso ás entidades municipais a selección dos rapaces mediante sorteo público.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.