
Investigadores da Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas do Departamento de Medicina da USC desenvolven un proxecto para estudar o risco cardiovascular e de diabetes en mulleres post menopáusicas. O equipo parte da hipótese de que teñen máis probabilidades aquelas que acumulan unha maior cantidade de graxa abdominal. A causa estarÃa nunha alteración na adipoxénese condicionada xeneticamente que desencadearÃa o déficit de estróxenos e serÃa distinta nas diferentes rexións corporais.
Titulada ‘Influencia da adipoxénese rexional sobre os determinantes de risco cardiovascular en mulleres post-menopáusicas: unha aproximación fenómica ao sÃndrome metabólicoÂ’, a investigación pretende definir estratexias que permitan caracterizar en detalle aos distintos subgrupos que constitúen a poboación afectada.
O traballo, coordinado polo profesor David Araújo-Vilar, vén de ser galardoado co III Premio en Saúde da Muller, categorÃa Sanitaria, que concede a Fundación Pfizer. Dotado con 6.000 euros, o docente doou esta cantidade económica á Sociedade Española de Lipodistrofias.
Caracterización de subgrupos de mulleres
O establecemento dos subgrupos de mulleres permitirá facer unha caracterización fenotÃpica “máis fina” –apuntan os investigadores- mediante a identificación de marcadores antropométricos e bioquÃmicos. Tamén facilitará liñas de prevención da diabete mellitus tipo 2 e das doenzas cardiovasculares aterosclerosas máis agresivas. Ademais, identificados estes agrupamentos, planearanse estudos de intervención terapéutica máis eficaces e identificaranse posibles dianas terapéuticas.
Outro dos obxectivos dos cientÃficos é presentar á ConsellarÃa de Sanidade un plan de prevención da diabetes mellitus e das enfermidades cardiovasculares aterosclerosas dirixido especificamente ás mulleres post menopáusicas de alto risco.
A lipodistrofia parcial familiar
Nos últimos anos, o equipo tamén profunda nos mecanismos responsables da perda de tecido adiposo nunha doenza rara, a lipodistrofia parcial familiar, que constitúe un modelo monoxénico do sÃndrome metabólico. Esta enfermidade presenta similitudes co que lles sucede a algunhas mulleres cando chegan á menopausa. AsÃ, e como apunta David Araújo-Villar, en ambos casos existe distribución androide da graxa corporal ou aumento do risco de enfermidades cardiovasculares, entre outras caracterÃsticas comúns.
O grupo de investigación
A Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas do Departamento de Medicina da USC constitúe un grupo emerxente que ten como liñas de investigación o estudo das bases moleculares das enfermidades tiroideas e as relacionadas co metabolismo do tecido adiposo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.