MarÃa Xosé Porteiro, Delegada da Xunta de Galicia en Buenos Aires, da comezo ao ciclo As mulleres como protagonistas cunha intervención sobre situación das emigrantes latinoamericanas en Europa.
Esta iniciativa, impulsada pola Comisión de Cultura do Centro Galicia de Buenos Aires para “abrir espazos máis igualitarios na conmemoración do DÃa internacional da muller, conta cun programa de actividades que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril. Nela intégranse conferencias, debates, obradoiros e mesmo unha exposición fotográfica co obxectivo de achegarse ás diversas reflexións que estimulen a participación efectiva das mulleres en todos os ámbitos sociais.
A xornada inaugural conta tamén coa participación da investigadora e escritora MarÃa Rosa Lojo e o presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, Héctor Fernández Ãlvarez.
Nos sucesivos encontros falarase dos cambios experimentados no sistema educativo formal en canto a xénero, analizarase a evolución dos estereotipos de xénero, da discriminación, da participación e da representación polÃtica das mulleres. Asà mesmo, realizarase unha lectura dos medios de comunicación dende unha perspectiva de xénero e abordarase a relación entre educación e violencia sexista.
A muller traballadora
Tamén se abre ao público a mostra “Muller e Traballo” composta por 27 fotografÃas cedidas polo Arquivo Histórico Xeral da Nación Arxentina. Nela recóllense imaxes tomadas entre os anos 1870 e 1973 que amosan escenas cotiás do traballo levado a cabo polas mulleres en Buenos Aires.
A mostra pode visitarse todos os dÃas do mes de marzo a partir das 17 horas na sede do Centro Galicia de Buenos Aires (Bartolomé Mitre 2552. Capital Federal).
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.