Notas de prensa

SUPLUSA contará en 2008 cun orzamento de case 39 millóns de euros

A Sociedade Urbanística Provincial contará con 38.850.000 euros de presuposto para o ano 2008. O orzamento aprobado por unanimidade contempla actuacións en todas as comarcas da provincia.

O Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, presidida polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, aprobou por unanimidade o presuposto para o ano 2008 que ascende a 34.850.000 euros. Deste xeito, a cantidade orzamentaria increméntase nun 10% con respecto ó exercicio anterior, que se cifraba en 31.446.000 euros, o que “demostra a aposta que fai a Deputación por ampliar as súas actuacións en solo industrial, converténdose nun dos principais pilares do organismo provincial”.

SUPLUSA actuará en 32 Concellos – Burela, Pol, Ourol, O Vicedo, Begonte, Trabada, Castroverde, Abadín, Baleira, Lourenzá, A Fonsagrada, Riotorto, Pedrafita, Vilalba, Friol, Meira, Baralla, Cospeito, Becerreá, Antas de Ulla, Láncara, Paradela, Guntín, Samos, O Incio, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón, Pobra do Brollón, Sober e O Páramo- “polo que non queda unha comarca sen bater e sen facer estudos previos de xeración de solo industrial”, tal e como indicou o titular da Deputación.

Gómez Besteiro explicou que a xeración de solo industrial é un proceso que comeza por determinar a zona na que se vai actuar para logo seguir cos estudos técnicos pertinentes, a tramitación dos plans urbanísticos e a compra-venta de terreos. Deste xeito, puxo como exemplo a situación de Viveiro, “unha actuación futura na que se está estudando a idoneidade do solo industrial no entorno de Chavín”.

A filosofía da Sociedade Urbanística Provincial para a creación de solo industrial basearase na colaboración con outras administracións, a través de operacións concertadas coa Xunta de Galicia e co Estado (SEPES). “Non nos pechamos a ter socios nas operacións de xeración de solo senón que actuaremos alí donde outras administracións non o fan, como é o caso das Gándaras, cuberta por Xestur Galicia”, destacou Gómez Besteiro.

A forma de actuación tamén será diferente dependendo da situación de cada Concello. Factores como a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal ou a modificación do Plan Sectorial de solo industrial determinarán este proceso. Así, por exemplo, Castroverde está pendente do documento urbanístico ó igual que Pedradita, e Riotorto, pola súa banda, da modificación do Plan Sectorial.

A Sociedade Urbanística Provincial tamén actuará na parte noreste da provincia, concretamente no Concello da Fonsagrada. Gómez Besteiro destacou que se trata “dunha actuación importante nunha zona que ademais é cabeceira de comarca e que ata o de agora carecía de solo industrial”. O Presidente da Deputación engadiu ademais que o obxectivo de SUPLUSA é “aliviar ás empresas ubicadas nos pequenos Concellos que por mor da deslocalización teñen dificultades para sobrevivir”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES