
O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE clausuran o curso de Dobraxe coordinado por Luis Iglesia, para o que se recibiron máis de 80 solicitudes de profesionais da interpretación e da locución.
A actividade, que durou un total de 120 horas, tivo lugar desde o 17 de decembro do pasado ano, en horario de tarde na Sala de Dobraxe da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Nesta nova edición contouse coa colaboración de importantes profesionais, como Marisa Lois, médico-foniatra especialista en educación da voz, quen impartiu un módulo especÃfico ao longo de catro sesións, que trataron a fisioloxÃa, as distintas patoloxÃas que a afectan á voz, a liberar o sistema respiratorio, asà como as normas sobre os hábitos correctos.
Ademais, contouse con tres importantes actores e directores de dobraxe que achegaron distintos estilos na dirección da dobraxe, ademais de expoñer as súas experiencias no mundo profesional. AsÃ, o alumnado puido contar coa presenza de Charo Pena, actriz e directora de dobraxe, voz de Meryl Streep, Julie Andrews, Sharon Stone ou Susan Sarandon; Xosé Antonio Rubal, actor e director de dobraxe, que coordinou a dobraxe de series e pelÃculas de grande sona, como Apocalypse now ou Pulp Fiction; ou Alfonso Valiño, voz de Gary Cooper, Rod Steiger, Bob Hopkins ou Morgan Freeman.
Os participantes traballaron nunha sala de dobraxe nas mesmas condicións técnicas e artÃsticas nas que se desenvolve esta profesión a cotÃo, dobrando fragmentos de pelÃculas, series, debuxos animados e documentais.
DVD promocional
Ao finalizar o curso editarase un DVD cunha selección de takes realizados polos participantes, que se fará chegar desde o Consorcio aos distintos estudos de dobraxe e á TVG, para facilitar a súa incorporación ao circuÃto laboral da dobraxe. Para levar a cabo a iniciativa tÃvose en conta a demanda que se deu tanto por parte do público, asà como tamén por parte da propia TVG e das produtoras de dobraxe, cunha renovación nas voces que escoitamos, que ademais respondan a uns criterios de calidade (correcto uso do galego falado, capacidade interpretativa, etc.)
No marco desta polÃtica de fomento do emprego no sector audiovisual, desde o Consorcio estase a preparar unha Bolsa e Servizo de Asesoramento Laboral, que se convocará no mes de febreiro para a intermediación de empresas e candidatos na procura dun posto de traballo.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.