O Consello da Xunta de Galicia da a súa aprobación aos convenios de colaboración entre a ConsellarÃa de Innovación e Industria e as tres universidades galegas para a realización de accións de formación de investigadores e de persoal de apoio á investigación por un valor total de 1,5 millóns de euros.
Os convenios teñen por obxecto establecer as condicións de colaboración entre a ConsellerÃa de Innovación e Industria, a través da dúa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e as Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago para o cofinanciamento das actuacións de formación de investigadores e de persoal de apoio á investigación desenvolvidas por estas universidade ao longo do ano 2007.
No caso da Universidade de Vigo, Innovación e Industria destinará 500.000 euros ao cofinanciamento do 82% do custe total das Bolsas de formación de investigadores e profesorado para viaxes e estadÃas; Bolsas de Terceiro Ciclo e Bolsas de formación no Centro de Apoio CientÃfico Tecnolóxico á Investigación (CACTI) e na Estación de Ciencias Mariñas (ECIMAT) da Universidade de Vigo. A Universidade de Vigo completa o orzamento destas accións cunha achega con 104.720 euros.
O convenio coa Universidade da Coruña (UDC) establece tamén un investimento de 500.000 euros por parte da ConsellarÃa de Innovación e Industria destinados neste caso ao cofinanciamento do 76,97% do custe total das Axudas para a participación en reunións cientÃficas e estadÃas de investigación; Axudas para programas propios de investigación (organización de reunións cientÃficas, encontros de investigadores, visitas de investigadores); Axudas para a realización de prórrogas e novas contratacións a persoal de investigación e de apoio á investigación; Bolsas e contratos predoutorais e Edición de publicacións periódicas de carácter cientÃfico de interese para a comunidade cientÃfica da UDC. A Universidade da Coruña achega 149.610,27 euros a estas accións.
Por último, o convenio asinado entre a ConsellarÃa de Innovación e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela estable que o departamento que dirixe Fernando Blanco cofinanciará con 500.000 euros, o 28,09% do custe total, das Bolsas/contratos Predoutorais; Contratos postdoutorais; Prazas asignadas á USC a través do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Educación y Ciencia e Contratos de persoal da Rede de Infraestructuras de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) e de persoal de apoio ás bibliotecas da USC. A Universidade de Santiago aporta 306.055,86 euros.
Estas accións enmárcanse dentro do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (INCITE), que constitúe a peza estratéxica de actuación para vertebrar o sistema galego de I+D+I e desenvolver dunha maneira eficaz e completa o potencial investigador e innovador de Galiza, de xeito que repercuta cualitativamente e cuantitativamente no desenvolvemento económico e no benestar social. Neste sentido, o Programa de Recursos Humanos de INCITE ten como propósito definir unha carreira cientÃfica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+I.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.