A xuntanza do xurado realizouse o dÃa 20 de decembro, ás 11 horas no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.
O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas.
MarÃa López Sández, que é doutora en TeorÃa da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela, fai unha proposta de análise que parte do imaxinario social do nacionalismo para se achegar á paisaxe como espazo, como ideoloxÃa e como fundamento da identidade nacional. A paisaxe na pintura, a dimensión espacial e xeográfica dos fenómenos literarios e a xerarquización do territorio analizada a través dos mapas leva á autora a realizar un exhaustivo balance das diferentes concepcións da idea de paisaxe para concluÃr na noción do espazo como creación.
O xurado, que concedeu o premio por maiorÃa, estivo formado porLuÃs Alonso Girgado, Alexandre GarcÃa-Caballero, Manuel González González, Dolores Vilavedra Fernández e Carlos Lema, e salientou a calidade dos oito orixinais presentados, asà como a variedade de temas abordados neles.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.