
A SecretarÃa Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia dá a coñecer os Premios Galicia Comunicación 2007. Os premiados coñécense no dÃa no que o escultor Acisclo Manzano fixo entrega a este departamento autonómico da “Deusa da comunicación”, o galardón que este ano recibirán os premiados. O acto de entrega dos galardóns celebrarase no mes de xaneiro.
O premio á Mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación outorgóuselle a La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia. O xurado valorou a súa preocupación e esforzo na defensa de Galicia, as súas xentes e a súa cultura ao longo dos 125 anos que vén de cumprir a cabeceira. Ademais tivo en conta o seu esforzo no campo editorial a través da edición e publicación de obras emblemáticas como a Biblioteca Galega de Escritores Universais, a Biblioteca Galega 120 ou a Gran Historia de Galicia.
O premio ao Mellor labor de comunicación en medios impresos outorgóuselle a Andrés Torres Queiruga, presidente e un dos fundadores da revista Encrucillada, Revista Galega de Pensamento Cristiá, unha publicación creada en 1977 desde a que reivindicou o uso da lingua galega na Igrexa.
Na categorÃa de Mellor labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos foille concedido o premio a Xosé Lois González Vázquez, creador do Carrabouxo, personaxe protagonista das viñetas humorÃsticas publicadas cada dÃa en La Región e Atlántico Diario. O xurado salientou o seu papel por ter creado un personaxe próximo co que a xente se identifica. O galardón coincide co 25 aniversario desde a publicación da primeira viñeta. Valorouse ademais a calidade plástica e humorÃstica da tira.
O premio á Mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos foi concedido ao semanario A Nosa Terra. O xurado valorou esta iniciativa de comunicación no ano no que celebra o seu centenario. Asà mesmo, tivo en conta a ampliación e apertura da empresa a novas actividades e os produtos e personaxes dirixidos aos rapaces mediante a edición de Os Bolechas. O xurado destaca ademais a renovación do semanario e a posta en marcha do diario dixital o que consideran, supón unha clara aposta pola información diaria en galego na rede.
O premio ao Mellor labor de comunicación en medios radiofónicos recaeu no primeiro encontro de poesÃa galega emitido no espazo La Estación Azul de Radio 3, Radio Nacional de España. Para a entrega do galardón o xurado tivo en conta o feito de ser un programa realizado por poetas galegos, na lingua do paÃs e emitido para toda España. O xurado valorou ademais o feito de que fose un espazo novedoso que xurdiu con pretensión de continuidade.
O galardón ao Mellor labor de comunicación en televisión foi concedido ao programa Alalá emitido pola TVG. O xurado recoñece a súa contribución á difusión da música tradicional e o seu innovador formato. Neste galardón, o xurado quixo facer mención especial á traxectoria profesional de Xoán Barro, xornalista de TVE en Galicia por ser pioneiro dun medio audiovisual en Galicia. Destacaron a súa longa e frutÃfera carreira no xornalismo deportivo, converténdose no referente para moitos profesionais. Valoran que era un xornalista polifacético que fixo escola narrando e escribindo.
Xurado dos premios
O Diario Oficial de Galicia fixo publica unha resolución do 27 de novembro de 2007 na que se daba conta dos xurados escollidos para a adxudicación dos Premios Galicia Comunicación na edición deste ano. Estes foron nomeados polo secretario xeral de Comunicación e estiveron integrados por persoas escollidas polos seus coñecementos nas materias obxecto dos premios.
O xurado encargado do premio á Mellor iniciativa no campo da comunicación en medios informativos e á Mellor empresa ou institución que destacase por un singular esforzo no campo da comunicación estivo composto por Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, quen actuou como presidente. Os vogais foron: Xosé Luis Axeitos Agrelo, académico numerario da Real Academia Galega; Xosé Luis Barreiro Rivas, director do Departamento de Ciencias PolÃticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela; Manuel González Menendez, presidente da Federación Galega de Asociacións de Periodistas; Xosé López GarcÃa, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Arturo Maneiro Vila, presidente da Asociación de Xornalistas de Galicia e Xosé Soengas Pérez, director do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Para os premios ao Mellor labor de comunicación en medios impresos e ao mellor labor de comunicación de xornalismo gráfico en medios impresos o xurado seleccionado estivo composto por Miguel Túñez López, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, quen actuou como presidente; Juan Ramón DÃaz GarcÃa, director xeral do Grupo La Capital; José Manuel Rey Nóvoa, director de El Correo Gallego; Luis RodrÃguez GarcÃa, director de El Progreso; Alfonso Sánchez Izquierdo, director de La Región; Juan Carlos da Silva Besada; director de Faro de Vigo e Xosé LuÃs Vilela Conde, director de La Voz de Galicia.
Para os premios ao Mellor labor de comunicación en medios radiofónicos e ao mellor labor de comunicación en televisión foron elixidos como xurado, Margarita Ledo Andión, catedrática de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, exercendo como presidente; Javier Castro Dopico, director da cadea COPE en Galicia; Virgilio Costas Pumar, director xerente da Radio Galega; Celia DÃaz Reija, directora territorial de RNE en Galicia; Xabier Fortes López, director do centro de TVE en Galicia; Jesús Iglesias DÃaz, director xerente da TVG e Javier Otero Llovo, director de Radio Galicia-Cadena SER.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.