O Consello da Xunta autorizou o compromiso de gasto plurianual correspondente á Orde pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación de persoal especialista en investigación mariña, correspondentes ao programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) do Goberno galego. Ademais, procedeuse tamén a dar o visto e prace á próxima convocatoria destas axudas.
O obxecto desta convocatoria será a concesión de tres bolsas de dous anos de duración, prorrogables por outro ano máis, e destinadas a titulados superiores universitarios, para a realización de teses de doutoramento nos seguintes proxectos: “Estudo da presenza de tumores en solénidos. Posible orixe. Aspectos biolóxicos e xenéticos”; “Estudo do stock das poboacións de vieira Pecten maximus nas rÃas galegas”, e “Estudo da perkinsose no litoral español: caracterización de variantes taxonómicas do parasito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hóspede”.
Para a concesión destas axudas de formación a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos achegará un total de 105.462,00 euros, repartidos en tres anualidades: 40.700,00 euros no ano 2008, 54.872,00 no 2009 e 9.890,00 no 2010.
Programas dedicados aos recursos humanos e recursos mariños
O Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT), foi creado polo Goberno galego coa finalidade de fomentar a investigación cientÃfica e o desenvolvemento e innovación tecnolóxica de cara a promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. O PGIDIT está integrado por liñas de actuación xerais, sectoriais e horizontais. Dentro das horizontais figura o programa de recursos humanos, destinado a incrementar o persoal dedicado a actividades de I+D+i, tanto en número como en especialización. Asà mesmo, nas liñas de actuación sectoriais atópase un programa dedicado aos recursos mariños, que ten como propósito actuar sobre dúas áreas
fundamentais neste eido: a pesca e a acuicultura, que cada vez exixen unha maior presenza de persoal con altos niveis de formación e experiencia.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.