
A SecretarÃa Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha a campaña didáctica A videoconferencia como ferramenta de comunicación coa que pretende familiarizar as alumnos de secundaria galegos coa videoconferencia. Este programa vén a complementar o proxecto Audiovisual nas Aulas promovido pola SecretarÃa Xeral de Comunicación e o Consorcio Audiovisual de Galicia xunto coa ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria.
Na campaña, posta en marcha, participarán 55 centros de ensino secundario galegos. O proxecto que se desenvolverá a partir do mes de xaneiro foi presentado polo director xeral de Comunicación Audiovisual e vicepresidente primeiro do Consorcio Audiovisual de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, o director xerente da entidade, Nacho Varela, asà como pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da ConsellerÃa de Educación, MarÃa Xosé Pérez Mariño.
Tal e como explicou o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, con esta ferramenta de comunicación “os alumnos de secundaria poderán coñecer as posibilidades de comunicación dos sistemas de videoconferencia dos que dispón a Rede de Telecentros de Comunicación” posta en marcha polo departamento que dirixe Fernando Salgado.
Incorporación das novas tecnoloxÃas á vida cotiá
AsÃ, destacou Fernández Iglesias, mediante o emprego desta infraestrutura xerada polo proxecto Audiovisual nas Aulas, “os alumnos de secundaria terán unha formación completa”. Dunha banda, explicou, contarán coa formación propia do proxecto Audiovisual nas Aulas e, doutra, poderán coñecer mellor os sistemas de videocoenferencia experimentando de forma lúdica e práctica o funcionamento dos mesmos. Trátase de que os escolares perciban os telecentros como un espazo onde se lles vai orientar e facilitar información para incorporar as novas tecnoloxÃas á súa vida cotiá.
Con esta campaña de promoción do uso da videoconferencia desde os telecentros, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual inicia un proxecto de dinamización global. Preténdese asà dar a coñecer os telecentros como puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, asà como de formación e de promoción do audiovisual galego.
CarteleirÃa virtual a través da TV por internet
Neste sentido, Fernández Iglesias anunciou que dentro do obxectivo de dinamización dos telecentros se realizará un sistema de carteleirÃa virtual a través da TV por internet, que xa está dispoñible na web http://tv.audiovisualdegalicia.es. Deste xeito, salientou que dende os telecentros se promocionará o cine feito en Galicia e a formación no eido do mundo audiovisual ao tempo que se traballará para que “o concepto de rede e comunidade de rede de telecentros sexa unha realidade”.
Pola súa banda, Nacho Varela destacou o feito de que tanto a campaña posta en marcha hoxe como o programa Audiovisual nas Aulas constitúen iniciativas pioneiras e de referencia no estado. Neste sentido, fixo fincapé no feito de que cada vez son máis os centros interesados en sumarse á alfabetización dixital.
CaracterÃsticas da campaña
Ademais do traballo dos profesores co alumnado participante na campaña, organizaranse visitas aos telecentros de comunicación do ámbito de influenza de cada instituto nas que os alumnos, a través de xogos, aprenderán a empregar os sistemas de videoconferencia. Os alumnos poderán probar dous xogos interactivos nos que terán que empregar as súas habilidades de debuxo e canto para formar parte dun ranking xeral galego.
Rede de Telecentros
A Rede de Telecentros de Comunicación é un servizo público e gratuÃto para todos os cidadáns financiado pola SecretarÃa Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan.
Actualmente, a SecretarÃa Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de telecentros situados nas localidades da Coruña, Abegondo, Boiro, Ribeira, Santa Comba, Santiago, Vedra, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, VerÃn, Xinzo de Limia, A Estrada, LalÃn, Ponteareas, Pontevedra, Redondela e Vigo. Suman un total de 38 aos que se engadirán outros 12 proximamente.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.