A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, compareceu no Parlamento de Galicia para tratar sobre a polÃtica de cooperación pesqueira con terceiros paÃses que está a levar a cabo o seu departamento. A titular de Pesca explicou aos deputados que a pesca galega é unha das actividades económicas máis internacionalizadas do noso paÃs e conta con intereses pesqueiros nos cinco continentes. De feito, os empresarios da pesca operan en 25 paÃses, aportando preto dun cinco por cento dos produtos do mar consumidos na Unión Europea, e acadando un volume de negocio co exterior de máis de 1.000 millóns de euros.
Deste xeito, a actividade das empresas galegas en terceiros paÃses baséase cada vez máis nas estratexias de presenza a longo prazo, con investimentos en terra e con estratexias que garanten o futuro da actividade. Neste sentido, realizan actuacións dirixidas á formación de profesionais neses paÃses, a transferencia de tecnoloxÃa, o reforzamento dos sectores produtivos e a conservación dos recursos pesqueiros.
Segundo a Conselleira, é neste contexto no que se enmarca a acción exterior que está a desenvolver o seu departamento cun total de 30 paÃses a través de diferentes liñas de actuación: a cooperación ao desenvolvemento de terceiros paÃses, os proxectos de intercambio de coñecemento con paÃses desenvolvidos nos que existen intereses pesqueiros, participación institucional nos foros internacionais da pesca, asà como o apoio ás empresas pesqueiras galegas no seu posicionamento no exterior.
A titular de Pesca dixo na súa comparecencia que estas actuacións están encamiñadas a consolidar a presenza do sector en terceiros paÃses, ao tempo que se reforza unha colaboración institucional que redunde no desenvolvemento de proxectos conxuntos de interese común e na sustentabilidade das economÃas costeiras. Asà mesmo, estas accións contaron por vez primeira este ano cunha partida económica especÃfica dentro dos orzamentos xerais da ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos. Ademais, un total de 21 técnicos tanto de Pesca como dos seus centros de investigación e formación participaron dende o ano 2005 na realización destes proxectos.
Cooperación ao desenvolvemento
Na primeira das liñas de actuación, Carmen Gallego explicou aos membros da Cámara que se está a colaborar con terceiros paÃses por unha banda seguindo as pautas e prioridades marcadas pola polÃtica de cooperación exterior do Goberno da Xunta, a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, e da Agencia Española de Cooperación Internacional (AECI). Por outra parte, estase a traballar en proxectos propios de cooperación desenvoltos por persoal da ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos en colaboración cos gobernos dos paÃses obxecto.
Carmen Gallego asegurou que neste intre Galicia ten presenza en cooperación pesqueira ao desenvolvemento en 15 paÃses, fronte aos nove cos que se estaba a traballar no ano 2005. En concreto, persoal da ConsellerÃa de Pesca traballa nun programa de extensión dirixido ás comunidades pesqueiras artesanais das zonas norte e centro de Perú. Tamén se está a levar a cabo o Plan Pescacentroamérica, que integra a Honduras, Nicaragua, Panamá, Costa Rica, El Salvador, Belice e Guatemala.
En Namibia, a ConsellerÃa de Pesca leva a cabo varios proxectos de cooperación co goberno deste paÃs e que se atopan xa moi avanzados. Son por exemplo a escola Náutico-Pesqueira de Namfi, que traballa xa a pleno rendemento e en colaboración co sector pesqueiro galego presente neste paÃs africano, e a planta de acuicultura continental IAC en Omahenene, que en breve contará cunha planta de produción de pensos co obxectivo de lograr a autosuficiencia desta instalacións.
No caso de Guinea Bissau estase a desenvolver un proxecto de posta en funcionamento da escola náutico-pesqueira de Bolama, co fin de cubrir as necesidades técnicas e formativas dos pescadores da zona. Asà mesmo, en Brasil estase a levar a cabo unha acción de cooperación integrada no ámbito da capacitación, investigación, infraestruturas e comercialización pesqueira no estado de Alagoas.
Carmen Gallego tamén explicou que en Ecuador e Guatemala se está a traballar na capacitación do cadro de persoal das plantas procesadoras de atún, composta sobre todo por mulleres. En Cabo Verde, Sao Tomé e PrÃncipe e Guinea Bissau tamén se está levando a cabo un proxecto para favorecer a formación e a dotación de equipamento no ámbito da vixilancia e o control pesqueiro.
Pola súa parte, representantes do sector e o goberno de Mozambique, Angola, Cabo Verde, Sao Tomé e PrÃncipe, Guinea Bissau e Guinea Ecuatorial participarán o vindeiro mes de novembro nun seminario impulsado por Pesca sobre o asociacionismo das mulleres no sector da pesca e da acuicultura. A finalidade dos mesmos e acadar vÃas de cooperación entre os paÃses que axuden a que as mulleres poidan involucrarse no sector pesqueiro.
Carmen Gallego anunciou que para o futuro inmediato se están a avaliar proxectos en Angola e Mozambique para afondar no desenvolvemento da pesca artesanal, acuicultura e formación. Asà mesmo, está prevista a colaboración con Marrocos para a formación de traballadores no ámbito da depuración de moluscos e en técnicas de pesca máis selectivas.
Intercambiar coñecemento
Carmen Gallego comunicou no pleno do Parlamento que no eido das accións dirixidas á investigación aplicada e a formación se levou a cabo o programa Aquareg con rexións costeiras de Irlanda e Noruega. Froito desta iniciativa e da boa sintonÃa entre as rexións implicadas nela, está prevista a continuación da colaboración entre estas comunidades costeiras europeas no marco dun novo programa de traballo que liderará Galicia. Dentro das liñas principais de investigación que contempla estarán a repoboación, a tecnoloxÃa “off shore” en acuicultura e a xestión dos recursos das comunidades costeiras.
Ademais, estanse a desenvolver outros proxectos como o programa da zona atlántica Interreg IIIB, con grupos de investigación do Devon County Council do Reino Unido sobre “Respostas de Emerxencia á Contaminación Mariña”, e con Irlanda sobre o “Cultivo Sostible de Ensis”.
Nesta liña de actuación da ConsellerÃa de Pesca, tamén se acordaron proxectos de investigación mariña e formación náutico-pesqueira co estado de Sucre en Venezuela e no ámbito da investigación en cultivo de solénidos con Chile.
Participación en Foros Pesqueiros Internacionais
Carmen Gallego asegurou aos deputados que outra compoñente importante da acción pesqueira exterior é a participación da ConsellerÃa de Pesca nos foros internacionais nos que se adoptan decisións que afectan aos intereses xerais das empresas galegas do sector. Segundo explicou Carmen Gallego, representantes do seu departamento participan nas xuntanzas das Organizacións Rexionais de Pesca como NAFO ou ICAAT formando parte da delegación comunitaria.
Asà mesmo, a ConsellerÃa de Pesca participa como observador activo e en apoio ao sector pesqueiro galego, nos Consellos Consultivos Rexionais (RAC´s) creados no ano 2004 ao amparo da última reforma da PolÃtica Pesqueira Común e onde a frota galega ten intereses pesqueiros. Deste xeito, participa nos RAC´s de augas noroccidentais, o de poboacións peláxicas, o de frotas de altura e longa distancia, asà como o de augas suroccidentais. Neste último, Galicia comparte a presidencia co PaÃs Vasco, cun sistema rotativo de dous anos.
Apoio aos empresarios pesqueiros
Finalmente, a responsable de Pesca da Xunta de Galicia, explicou que as liñas de actuación do seu departamento tamén se dirixen a apoiar aos empresarios pesqueiros galegos no seu posicionamento no exterior. Neste sentido, é de destacar a presenza institucional da ConsellerÃa en máis de trinta feiras e certames de carácter internacional onde a promoción dos produtos galegos do mar foi o obxectivo principal.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.