
O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presidiu na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago a presentación do libro De provincia a nación. Historia do galeguismo político, de Justo Beramendi e editado por Xerais. Quintana asegurou que o repaso histórico que fai o profesor Beramendi nesta obra coloca ante nós unha historia pragada de éxitos e de fracasos, pero nunca en termos de configuración conceptual o nacionalismo estivo tan ben coma hoxe. Ademais do autor do libro e o vicepresidente da Xunta, á presentación asistiron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro; o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; e o responsable da Fundación Caixa Galicia.
Quintana destacou que este libro é unha obra de rabiosa actualidade e unha boa explicación do devir histórico do nacionalismo. Ao respecto da situación actual, o vicepresidente sinalou que non hai movemento nacionalista que non teña o exercicio do dereito de autodeterminación como base final do seu pensamento, polo que a labor do nacionalismo galego non poderá rematar ata conseguir o exercicio dese dereito, e aínda así seguirá aí.
O vicepresidente da Xunta destacou ademais a presenza por primeira vez do nacionalismo galego no Goberno do país, e sinalou que isto ten que servir para vacinar ao nacionalismo dos males do elitismo e coma un instrumento para abrir portas e derrubar muros, o primeiro instrumento para a consecución da nosa soberanía política, concluíu Quintana.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.