Notas de prensa

O Marco inaugura o festival de cultura e creatividade ArtFutura 07

Prolóngase do 25 de outubro ata o 18 de novembro co fin de explorar os proxectos e ideas máis importantes do último ano no new media, deseño de interacción, videoxogos e animación dixital.

O 25 de outubro aterra no MARCO a XVIII edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa audiovisual que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital.

As revolucións 2.0 dos últimos dous anos cambiaron por completo o rostro da web, transformándoa nun espazo de participación social e cooperación colectiva que nunca chegaran a imaxinar os primeiros ideólogos da cibercultura a comezos dos noventa. Nembargante, a carón do auxe das redes sociais participativas volveron cobrar forzas algunhas das utopías orixinais que entendían Internet coma unha oportunidade para construír un mundo paralelo e autónomo coas súas propias regras. Entre os que empezan a modelar as leis dunha Web 3.0 e os que seguen a defender unha rede entendida como gran foro de debate social do noso tempo, comezan a albiscar os comezos dunha próxima Rede.

LUGAR: Salón de actos

HORARIOS:
∑ xoves e venres, de 20.00 a 21.30
∑ sábados, de 18.00 a 21.30

NOTA/ AVISO:
ß o xoves 25 de outubro, primeiro día das proxeccións, o horario será de 19.00 a 20.00, por coincidir coa conferencia do artista David Lamelas, que comeza no salón de actos ás 20.30
ß o domingo 18 de novembro haberá tamén proxeccións de 18.00 a 21.30, por coincidir coa Festa do 5º aniversario do MARCO

Departamento de Comunicación do Museo de Arte Contemporáneo (Marco), 2007-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES