
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, finalizou a súa viaxe oficial a Xapón con sendas visitas á lonxa de Nagasaki e ao Instituto de Recursos Pesqueiros da Prefectura desta cidade. Deste xeito, conclúe este desprazamento ao paÃs asiático, no que a Conselleira participou no X Foro España-Xapón e onde recolleu o testigo deste encontro que se celebrará o vindeiro ano en Santiago de Compostela.
Carmen Gallego visitou o mercado da pesca de Nagasaki (a lonxa) acompañada polo director do centro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Tokio, Pedro Gallego, e a subdirectora do mesmo centro, Nashué Arai. A visita foi guiada polo xerente da empresa que xestiona esta lonxa, a segundo máis importante do paÃs nipón en valor da produción e a oitava en volume de produto descargado. Durante a visita, tiveron a oportunidade de asistir ás diferentes poxas que, a diferencia das rulas da nosa comunidade, se realizan á alza.
Asà mesmo, chamou a atención da delegación galega que as especies máis presentes e á vez máis valoradas polos compradores son aquelas que se empregan para o seu consumo en cru (por exemplo para o Sushi ou o Sashimi). Ademais, aÃnda que se trata dun mercado moi tradicional, dende estas instalacións distribúense peixes frescos a todo Xapón.
Por outra banda, Carmen Gallego e os seus acompañantes coñeceron tamén no dÃa de hoxe o Instituto de Recursos Mariños da Prefectura de Nagasaki. Este centro traballa, sobre todo, no eido da investigación vencellada á repoboación, as novas técnicas de procesado aplicadas ao sector e á acuicultura.
Nesta visita, a titular de Pesca foi recibida polo director do Instituto, Shuji Ikeda, e polos responsables dos diferentes departamentos de investigación que conforman o centro. Tras coñecer o traballo destes investigadores, Carmen Gallego manifestou o interese do seu departamento polos estudos que están desenvolvendo sobre repoboación mariña, eido no que os investigadores xaponeses están a traballar con moitas especies e acadando resultados moi parecidos aos que Galicia está a conseguir coas accións de repoboación realizadas no seu litoral. Ademais, visitou os laboratorios de análise de biotoxinas, asà como a planta piloto de novas técnicas de procesado dos produtos do mar e o criadeiro de alevÃns.
A Conselleira finalizou o percorrido polas instalacións agradecendo aos representantes do Instituto de Recursos Mariños da Prefectura de Nagasaki por tela recibido e convidándoos a unha posible colaboración futura para o intercambio de coñecementos nestas especialidades de investigación nas que, tanto Galicia como Xapón, teñen especial interese.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.