
Logo dun ano de traballo, desde que o 27 de setembro de 2006 cancelárase a rodaxe da pelÃcula “Os mortos van á présa”, Ãngel de la Cruz anuncia a nova posta en marcha do proxecto e o inicio da rodaxe no Concello de Ribadeo o próximo 25 de febreiro, aÃnda que a preproducción comezará de feito tres meses antes, o 1 de decembro deste ano. “Foi un ano longo, triste e moi duro”, asegura De la Cruz —que estivo acompañado na rolda de prensa celebrada hoxe en Santiago, no Club Internacional de Prensa, polo Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o Director de Programación da TVG, Eduardo Galán e o produtor executivo Manuel Cristóbal—, “pero, como en moitas pelÃculas, terá un final feliz”.
“A miña intención sempre foi volver rodar no outono”, comenta o director do proxecto, “pero as datas botábansenos encima e algúns técnicos e actores xa adquiriran outros compromisos. Non tiña sentido rodar sen eles, senón buscar as datas máis adecuadas para volver reunir a toda a nosa xente”.
Tras a suspensión da rodaxe, o director e guionista Ãngel de la Cruz, animado pola totalidade do equipo técnico e artÃstico do filme, máis de oitenta profesionais, vestiuse a chaqueta de produtor para, durante doce meses, buscar a viabilidade necesaria para salvar a longametraxe e levar a bo porto a produción. Logo de reescribir o guión para redimensionar o orzamento, deixándoo no máis axeitado de 2 millóns de euros —1.550.000 de custo de realización e o resto en copias e publicidade (un aforro dun millón de euros con respecto ao anterior)—, a empresa ARTEMÃTICA PRODUCIÓNS, cuxa titularidade ostenta o mesmo director, púxose a traballar para atopar canles de financiamento e socios adecuados que posibilitasen a realización da pelÃcula partindo de cero, xa que non se vai a aproveitar nada do material rodado.
Co beneplácito do Concello de Ribadeo, que tamén colabora na pelÃcula achegando servizos en especies, Buena Vista International, distribuidora multinacional filial da Disney, foi a primeira en sumarse ao proxecto, tras a cal entraron tamén Televisión Española e Televisión de Galicia —en calidade de produtor asociado—, a cuxos apoios hai que engadir a axuda da Xunta de Galicia (concedida en anos anteriores) e a do ICO-ICAA-Ministerio de Cultura que se xestionará a través da entidade Audiovisual SGR.
Asà mesmo, coproducirán o filme as empresas PERRO VERDE FILMS —propiedade de Manuel Cristóbal, novo produtor executivo da longametraxe— e RESONANCIA POSTPRODUCCIÓN que se encargará precisamente dos traballos de postproducción da mesma.
Doutra banda, un grupo de investidores galegos alleos ao audiovisual, que desexan manter o anonimato, sensibilizados co director e o resto do equipo, participarán de diversas formas no financiamento do filme.
Ãngel de la Cruz non descarta aÃnda que se sume algunha outra produtora ou entidade á produción, segundo as súas propias palabras, “para conseguir rodar na mellor das condicións e converter a «Os mortos van á présa» nun éxito sen precedentes do cine galego”. Sen dúbida, as 150 copias previstas por Buena Vista, o acordo de vendas internacionais coa empresa Six Sales e a coidada campaña de promoción do filme, cuxa estratexia xa está sendo deseñada, contribuirán a lograr estes obxectivos: “conseguir beneficios para que, por unha banda, a seguinte produción vaia un pouco máis á présa”, chancea De la Cruz, “e demostrar que tamén desde Galicia pódese facer un cine comercial con calidade. Con humildade pero sen renunciar a nada”.
“A miña máxima como produtor e director”, continúa Ãngel de la Cruz, “é como a dos pequenos comerciantes: «o cliente sempre ten razón» e os nosos clientes son os espectadores. Cando a cota do cine español está nun 7,4 %, mentres que en Francia supera o 40 %, algo malo debemos estar a facer e deberiamos ser máis autocrÃticos co noso traballo”.
Ãngel de la Cruz, que cos seus traballos anteriores ostenta o privilexio de ser ata a data o director galego de máis éxito da historia do paÃs, só superado en producións galegas polos foráneos Amenábar, Cuerda, Fernando León e José Pozo, sinala que a intención das produtoras non é rodar unha pelÃcula de autor nin un éxito custe o que custe, imitando por exemplo os éxitos perecedoiros das teleseries de moda. A intención é rodar unha pelÃcula divertida, entretida e chea de sensibilidade, que non deixe indiferente a ninguén e permaneza no tempo.
“A mellor promoción para unha boa pelÃcula é o boca a orella, pero normalmente non dá tempo a que se propague se nos primeiros dÃas, o primeiro fin de semana sobre todo, alcanza escasa repercusión”, explica Manuel Cristóbal, produtor executivo. “Queremos que se fale da pelÃcula desde moito antes da súa estrea e para iso estamos ultimando unha campaña de comunicación directa co público que incluirá, por exemplo, un concurso para participar como figuración no filme, convivindo co equipo de rodaxe, descargas e agasallos on-line, varias preestreas por toda España ou un exhaustivo diario de rodaxe no que poderá deixar o seu comentario quen desexe”. Todas estas novidades poderán ser seguidas desde a páxina web da pelÃcula www.osmortos.com, (ou www.losmuertos.es) deseñada pola empresa OtiiPlanet coa axuda do Consorcio Audiovisual de Galicia, que se activará o próximo 2 de novembro, coincidindo coa festividade de Defuntos.
Tamén a prensa xogará un lugar destacado nos plans da produtora para dar a coñecer o seu produto. Ademais dunha área restrinxida na web, na que haberá que rexistrarse, con información e material gráfico para os profesionais do sector, ampliado cada semana, os medios de comunicación serán invitados a asistir, en visitas organizadas e graduadas, á rodaxe onde poderán vivir desde dentro a experiencia dunha produción cinematográfica. “Temos que lograr cambiar a imaxe do noso cine”, destaca o director, “e pensamos que, aÃnda que supoña un esforzo complementario importante, un bo método é que nos vexan as tripas e a continuación cónteno desde dentro”.
A pelÃcula narra a chegada a unha pequena vila da costa galega dunha camioneira que, indo á procura de marisco, queda atascada nunha ponte impedindo o paso ao cemiterio o dÃa que teñen que enterrar ao pai do patrón maior da confrarÃa de mariscadores. Interpretada nos seus principais papeis por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña e un elenco de case trinta actores máis, o argumento foi definido polo director como “unha historia de percebes”, non só porque estes crustáceos teñan tamén o seu protagonismo na historia, senón porque algúns dos personaxes compórtanse como tales, “igual que moitos na vida real”, ironiza o director.
Que “Os mortos van á présa” consiga ver a luz será posible grazas ao empeño de moita xente, en primeiro lugar de todo o equipo técnico e artÃstico da pelÃcula, do Excmo. Concello de Ribadeo, especialmente da xente de pobo de Rinlo, e tamén de numerosos profesionais, entidades, institucións e compañeiros do audiovisual galego que, por ser unha lista tan longa, serÃa imposible enumerar en tan pouco espazo. Pero “todos terán o seu lugar nos agradecementos dos créditos da pelÃcula”, puntualiza De la Cruz.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.